Velutina
A Concellería de Medio Ambiente organiza unha charla sobre a vespa velutina que terá lugar o vindeiro venres, 15 de marzo, ás 20:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
Nesta actividade formativa explicarase como evitar que se instalen niños de velutina preto das vivendas, as técnicas de trampeo de raíñas para os cidadás en xeral e para os apicultores, así como atraíntes e tipos de trampas. Tratarase ademais o ciclo da velutina, niños reais e diferenciación.
A charla correrá a cargo de José María Vázquez, xerente de SERPA, control de pragas, inventor e investigador de campo.
A actividade está organizada poloo Concello de Burela, a través da Delegación de Medio Ambiente, coa colaboración de SERPA.
Noelia Mª Ben anima asistir a esta charla de interese para...
leer másA Casa da Ría, en Ribadeo, acollerá o 18 de marzo unha xornada participativa para "Salvar a abella".
O Concello de Ribadeo e asociación Os Abelleiros fan un chamamento á poboación para asistir a unha xornada participativa co obxecto de Salvar a Abella e a biodiversidade.
Segundo explican desde o Concello “o fin desta xornada, é intentar minimizar o impacto da avespa velutina en Ribadeo e as súas parroquias, para elo se construirán e colocarán trampas co fin de atrapar ás reinas fundadoras, que son as que escollen os lugares onde fundar novos niños cada primavera”.
A participación está aberta a todas as persoas que desexen colaborar coa loita contra a avespa velutina (familias, nen@s, asociacións etc…). Canta máis xente asista mellor “porque iso fará posible chegar a unha maior cantidade de puntos e con el capturar un maior número de reinas”.
Esta cita terá lugar na Casa da Ría o...
leer másO Concello de Barreiros organiza unha charla informativa sobre a avespa velutina o vindeiro sábado, 18 de marzo.
Nesta charla intervirá como poñente José María Vázquez, xerente de Serpa (empresa de exterminación), inventor e investigador de campo, quen falará sobre trampeo profesional da velutina, técnicas para evitar ataques nas colmeas, trampas novas e ciclos da velutina.
A conferencia terá lugar nas Antigas Escolas de Celeiro de Mariñaos o 18 de marzo a partir das 16:00 horas.
Organiza esta actividade o Concello de Barreiros coa colaboración de Serpa, Servicios Privados Antivelutina.