A Pontenova acolle unha charla sobre prevención e control de avespas invasoras o 20 de abril

A Casa da Cultura da Pontenova acollerá unha charla sobre “A praga da velutina: prevención e control de avespas invasoras”. Será o sábado 20 de abril de 10:00 a 14:00 horas. 

Será impartida por Lolo Andrade, membro de Protección Civil en Cambre e experto na loita contra a avespa velutina.

É unha actividade organizada pola Deputación de Lugo coa colaboración do Concello de A Pontenova.