O Concello de Barreiros organiza unha charla informativa sobre a avespa velutina o 18 de marzo.

O Concello de Barreiros organiza unha charla informativa sobre a avespa velutina o vindeiro sábado, 18 de marzo.

Nesta charla intervirá como poñente José María Vázquez, xerente de Serpa (empresa de exterminación), inventor e investigador de campo, quen falará sobre trampeo profesional da velutina, técnicas para evitar ataques nas colmeas, trampas novas e ciclos da velutina.

A conferencia terá lugar nas Antigas Escolas de Celeiro de Mariñaos o 18 de marzo a partir das 16:00 horas.

Organiza esta actividade o Concello de Barreiros coa colaboración de Serpa, Servicios Privados Antivelutina.