O grupo de teatro Andanzas representará o 30 de marzo en San Ciprián "El caso de la mujer asesinadita".

O grupo de teatro Andanzas de Viveiro actuará este sábado, 30 de marzo, en San Ciprián. A representación terá lugar na Casa da Cultura, a partires das 20:00 horas.

Andanzas porá en escena El caso de la mujer asesinadita, obra de Miguel Mihura e Álvaro de Laiglesia, que narra a historia de Mercedes, quen un día ten un soño no que un matrimonio irrompe na súa casa, acompañado dun indio sioux. No diálogo que se establece, o matrimonio recoñece ter asasinado a anterior esposa do home. Ao espertar, Mercedes dáse conta que o home casado do soño non é outro que o seu propio marido.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo.