Encontro
O Concello presenta Ribadeo en Rede, unha serie de encontros e actividades que terán lugar os vindeiros días 11 e 12 de outubro, sábado e domingo.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, explica que “esta mostra, na que se poderá disfrutar da gastronomía, de obradoiros, de música, así como tamén do mercado de produtos da nosa terra, está organizada polo Concello de Ribadeo en colaboración coa Sucadoira e coa Rede EuSumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, na que o Concello está integrada”.
A edil ribadense anuncia que “o programa dará comezo o sábado 11 cunha mesa redonda que levará por título Proxectos en Rede e que servirá para dar visibilidade aos proxectos e entidades que tecen redes e oportunidades no territorio”. Na mesa, que se celebrará na Praza de Abastos, participarán persoas de...
leer másO departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove anuncia que xa está aberto o prazo, ata o 30 de setembro, para inscribirse no XIV Encontro de Palilleiras Coas nosas mans, que se celebrará o día 4 de outubro, sábado.
“Desde que se abriu o prazo o 1 de setembro xa se anotaron case un centenar de palilleiras de distintas provincias galegas e máis de vinte postos de venda de produtos e de artesanía de Galicia e Asturias. Ata o 30 de setembro poderán seguir inscribíndose; os vendedores e vendedoras só poderán facelo cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es. As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a...
leer másRibadeo celebrará o II Encontro Día do Xubilado o 28 de setembro, segundo ven de anunciar a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra. A retirada das tarxetas, ao prezo de 15 euros por comensal, pode realizarse ata o día 23 na Área de Benestar Social en horario de mañá.
A edil ribadense explicou que “el domingo 28 de septiembre celebraremos el segundo Encuentro Día del Jubilado. Como el año pasado, tendrá lugar en la explanada de la lonja, en el puerto, en la que todos juntos compartiremos una comida que será servida por Catering Sarredo. La retirada de entradas se hará en el auditorio municipal, en el Área de Bienestar Social, en horario de 9 a 14 horas. El precio por comensal será de 15 euros y el pago se efectuará con tarjeta. La fecha límite para la retirada de entrada será el 23 de septiembre”.
Elena...
leer másA décimo sexta edición do Encontro Internacional de Corais Vila de Foz, que é o segundo memorial Carmen Alonso, celebrarase este sábado, día 7 de xuño, ás 19:30 horas na basílica de San Martiño.
Participarán as agrupacións Cor San Dameto, de Palma de Mallorca; Coro Amigos da Música, de Espinho (Portugal); e a Coral Polifónica de Foz, que é a organizadora deste evento, que patrocina o Concello de Foz.
O Concello de Burela anuncia que a décimo quinta edición do Encontro de Palilleiras celebrarase o sábado 17 de maio e explica que será “unha xornada para poñer en valor o traballo artesanal das palilleiras, con demostracións, visitas culturais, boa gastronomía... e moito máis”.
O programa de actividades inclúe: ás 10:30 horas, recepción de palilleiras; de 10:30 a 13:30, demostración de traballos; ás 11:30 será a inauguración; ás 12:00, degustación de empanada de pescada, visita ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio; de 14 a 16 horas, comida; ás 16:00, demostración de traballos; ás 17:30, sorteo de agasallos; e ás 19 horas, despedida. A xornada estará amenizada por Arume, globoflexia e pintacaras.
O Concello de Burela organiza un encontro entre empresas e axentes de emprego o vindeiro mércores, día 19 de marzo, ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello. O obxectivo é mellorar as oportunidades laborais na zona e facilitar a contratación de profesionais cualificados.
Neste evento as empresas locais poderán coñecer os servizos que ofrece a Orientadora Laboral do Concello de Burela, un servizo subvencionado con fondos autonómicos, así como as propostas formativas dispoñibles no Centro de Formación Ocupacional.
O Concello de Burela explica que a xornada “tamén contará coa participación de representantes da Cofradía de Pescadores, Cruz Roja e do Centro de Refuxiados de Burela da ONG Rescate Internacional. Durante o evento as empresas poderán obter información sobre os perfís profesionais demandados no mercado...
leer másO Concello de Cervo xa está traballando na organización do XVIII Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía que se celebrará o día 5 de abril, sábado, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada; e polas palilleiras de San Ciprián na Casa do Mar, no local que empregan para desenvolver a súa actividade.
Dolores García destaca que “con 18 anos de historia, o Encontro de Palilleiras é un evento máis que consolidado en Cervo co fin de poñer en valor unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva. Unha cita que rende homenaxe á paciencia, á dedicación e á creatividade de todas esas persoas que manteñen viva esta artesanía tan especial que garda un legado que se transmitiu de...
leer másBurela acollerá esta fin de semana o II Encontro de Coros Infantís e Xuvenís da Mariña Lucense MariñaEnCanto. O encontro, organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay, desenvolverase o sábado 15 e o domingo 16 de febreiro.
O Concello de Burela explica que “participarán máis de 230 rapazas e rapaces de Burela, Ribadeo, Foz, Viveiro e O Valadouro, así como de Mañón, Ourense e Luanco (Asturias). O propio domingo terá lugar, no auditorio de Burela, o concerto de clausura do encontro ás 12:30 horas”.
O Concello amosa o seu agradecemento á fundación por ter elixido unha vez máis a Burela para acoller o evento.
O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, anuncia que o día 16 de novembro, sábado, celebrarase a trixésima edición do Encontro Interxeracional de Avós e Netos.
Poderán participar neste evento aquelas persoas empadroadas no municipio que sexan xubiladas, acompañadas polos seus cónxuxes aínda que este/a non estea xubilado/a, e polos net@s con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de novembro, podendo realizala nas dependencias municipais dos Servizos Sociais, onde se lles entregará a entrada, que este ano conta cun copago de 3 euros por persoa adulta. As persoas que desexen acudir ó encontro en calidade de acompañantes e non figuren empadroadas neste municipio deberan aboar o importe da comida no momento de anotarse.
O Concello de Ourol celebrará un Encontro de Maiores o día 27 de outubro, domingo, ás 14:00 horas. Será no restaurante Louzao, de Area (Viveiro).
Esta actividade é gratuíta para persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol. Os cónxuxes ou parellas que non estean empadroados poderán acudir aboando o importe da comida. As persoas dependentes poderán ir cun acompañante.
A data límite para anotarse é o 24 de outubro e hai que recoller a entrada no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (Teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).












