Familias

13/03/2024

A compañía Os Monicreques de Kuka presentará o seu espectáculo “Viva Vivaldi (1, 2, 3 e catro estacións)” en Ribadeo este domingo, 17 de marzo. Será ás 17:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

O prezo da entrada xeral é de 5 euros e para menores de 12 anos será de balde.

O Concello de Ribadeo explica que é un “espectáculo para público familiar coa música de Vivaldi inspirando pequenas historias que valoran a importancia da natureza e a amizade. Unha pintora (Maruxa), unha escritora (Rosalía) e un músico (Antón), crean un mundo fantástico e poético cunhas marionetas tratadas cunha paleta de cores brillantes e contrastadas”.

 

Etiquetas:
09/03/2024

O Concello de Barreiros ofrece unha nova edición do programa Escola de Familias, que volverá a ser impartida por Disciplina Positiva A Mariña e contará con 3 obradoiros que se desenvolverán mensualmente. O primeiro deles terá lugar o vindeiro 23 de marzo e tratará sobre o papel da familia na educación afectivo-sexual. O segundo versará sobre os modelos de relacións positivas e terá lugar o 27 de abril. E o terceiro e último obradoiro celebrarase o 25 de maio e afondará sobre o uso de internet e a sexualidade. As tres xornadas serán de 10:00 a 12:00 horas no centro sociocultural de San Cosme.

Estes obradoiros abordarán cuestións moi importantes na educación como son a igualdade, o respecto, a diversidade, a identificación e evitación dos abusos, as enfermidades de transmisión sexual, a autoestima e a autoconfianza.

... leer más
Etiquetas:
11/12/2023

Pakolas presenta en Burela o seu concerto “Rockeando coa Ramona Pequena”.

O Concello de Burela acollerá este espectáculo de rock en galego para todas as idades na praza da Mariña. Será ás 18:00 deste sábado, 16 de decembro.

 

Etiquetas:
22/11/2023

A Escola de Cinxe acollerá unha charla para as familias. O título é Sácalle partido ao teu estudo. Está organizada por Educando en Familia, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo. 

A cita será este sábado, 25 de novembro, ás 11 horas na Escola de Cinxe, na Devesa. A charla será impartida por Carolina García Chico, que é especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familia. 

 

Etiquetas:
15/11/2023

Este sábado, 18 de novembro, continúa a programación cultural elaborada polo Concello de Barreiros coa actuación de Lilá Teatro representando a obra “Duncan de Palleiro”. Será ás 19:00 horas nos colexios vellos de San Miguel de Reinante.

Nesta obra “Duncan, o príncipe das corredoiras, non é un can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio, a de Palleiro. Alí onde vai leva consigo amizade, ledicia e unha grandísima sorpresa que non deixará ninguén indiferente”.

Está dirixida a un público infantil (maiores de 3 anos) e familiar con entrada de balde ata completar aforo.

Etiquetas:
14/11/2023

A compañía de teatro de monicreques Trécola Producións, con máis de 40 anos de historia, levará a Burela esta divertida farsa inspirada en varias obras de Rafael Dieste

O espectáculo, para todos os públicos, será de balde e terá lugar o sábado, 18 de novembro, ás 18:00 horas nunha carpa instalada na praza da Mariña.

A cita forma parte da nova edición do Circuíto de Teatro Profesional organizado pola Deputación de Lugo, coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello de Burela.

 

Etiquetas:
11/10/2023

A compañía Producións Teatrais A Xanela do maxín presenta o seu espectáculo Toupiciencia o sábado 21 de outubro ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz, dentro do programa Ler Conta Moito.

O Concello de Alfoz explica que “é un espectáculo dirixido a todos os públicos no que a Toupiña e o seu axudante, Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento”.

Ademais ese mesmo día haberá un obradoiro de experimentos na Biblioteca Municipal de...

leer más
Etiquetas:
04/10/2023

A Casa da Cultura de Burela, como parte do programa Ler Conta Moito, albergará un espectáculo do contacontos Caxoto e a súa compañía A Trastenda dos Contos titulado ‘Miña terra meu lar (contos ambientais)’.

Dirixido a un público infantil e familiar, trata a importancia do medio ambiente dun xeito lúdico e musical.

Será ás 18:00 horas deste sábado, 7 de outubro, con entrada de balde

Etiquetas:
15/02/2023

O Concello de Barreiros, a través do seu programa +Igualdade Barreiros organiza a segunda edición doa Escola de Familias baixo o lema “ Educa,acompaña e alenta”. Estes obradoiros queren dar continuidade ao traballo comezado o pasado ano coas familias e que foi enormemente útil e satisfactorio para elas.

A Escola de Familias é un proxecto educativo baseado na Disciplina Positiva e que se centra na idea de formar ás familias e docentes para educar mellor ás crianzas, apostando por un trato respectuoso e amable pero evitando a permisividade.

A Concelleira de Igualdade, Montse Porteiro,explica que nesta segunda edición dos obradoiros poderán participar tamén as crianzas das familias inscritas de xeito que , por unha banda  tentaremos introducir métodos vivenciais para que as familias entren no mundo das e dos nenos...

leer más
Etiquetas:
11/12/2022

O vindeiro domingo, 18 de decembro, ás 16:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, terá lugar a representación "A Apalpadora" de Velaisca. A actuación forma parte da Programación de Nadal da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a quen queren agradecer a oportunidade de desfrutar deste espectáculo infantil. A entrada é libre e de balde.

Sinopse: " Dende as montañas máis profundas da nosa terra chega a Apalpadora!. A filla do lexendario Apalpador colle o testigo do seu pai e baixa nestas datas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cun cesto cheo de castañas e os seus tradicionais xoguetes de madeira contaravos como é a vida na alta montaña e as súas maravillosas lendas para transmitir valores como o respecto polo monte,  o coidado do rural e a importancia dunha alimentación sa e sostible.

... leer más