IES de Foz
O IES de Foz organiza un concurso de familia para familias que se desenvolverá o día 28 de abril, martes de 19:00 a 21:00 horas.
Para inscribirse as persoas interesadas deben dirixirse ao IES de Foz (teléfono 982.87.02.87). As prazas son limitadas.
OE IES de Foz explica que esta iniciativa “forma parte da REGAPS (Rede Galega de Promoción da Saúde), coa que colaboramos en conxunto cos centros públicos escolares, centro de saúde e Concello de Foz, co fin de ofrecer propostas saudables para a poboación e educación para a saúde. Anímate a aprender algunha proposta saudable para eses días nos que non sabes que cociñar”.
O IES de Foz elabora castro preparacións para degustar na Festa da Berberecho, que se celebra esta fin de semana, e 14 establecementos hostaleiros focegos ofrecerán tapas de chícaros e mexillóns
A Xunta de Galicia explicou que “a directora territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Sagrario Sánchez, participou este xoves presentación dos menús que ofrecerá esta fin de semana o IES de Foz na XXIV Festa do Berberecho. O instituto xoga un papel destacado nesta cita gastronómica, xa que as racións de berberechos e mexillóns son elaboradas por alumnado dos ciclos da familia de Hostalería do centro educativo. Os menús son propostos polos estudantes, que traballan durante toda a semana na preparación dos pratos. Nesta edición servirán 200 quilos de berberechos ao vapor; 100 quilos de berberechos con guacamole; 200...
leer másO IES de Foz celebrará entre os días 25 e 27 de febreiro unha nova edición dos certames de baristas, que baten o récord de inscritos ao contar con 26 centros de hostalería procedentes de 14 comunidades autónomas españolas, de Viana do Castelo (Portugal) e de Brescia (Italia).
A Xunta de Galicia explica que “o instituto, que depende da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, presentou este martes a programación da XVIII edición do Campionato de Baristas e da XIII edición do Campionato de Cata. No acto participou a directora territorial da consellería en Lugo, Sagrario Sánchez, que gabou o traballo que realiza a comunidade educativa e agradeceu o apoio dos máis de medio cento de patrocinadores e colaboradores”. Tamén asistiu á presentación o alcalde de Foz, Fran Cajoto.
O evento...
leer másO Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acolle unhas xornadas micolóxicas este mércores, día 5 de novembro.
Ás 09:00 horas haberá unha charla sobre o mundo micolóxico a cargo de Nicolás Santos Aparicio, licenciado en Ciencias Xeolóxicas. E ás 14:30 horas terá lugar unha degustación de cogomelos.
O IES de Foz destaca que “estas xornadas son un referente no centro e participa toda a comunidade educativa, tanto nas charlas, saídas ao monte, exposicións, ...”.
O mércores 19 de marzo ás 18:30 horas o Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acollerá unha charla informativa sobre orientación académica dirixida exclusivamente a familias. O encontro terá lugar no salón de actos do centro e contará cunha duración aproximada de dúas horas. Estará a cargo de Cristina Eiras López, orientadora de Secundaria e especialista en Trastorno do Espectro Autista (TEA) dentro do Equipo de Orientación Específico. Durante a sesión abordaranse aspectos clave sobre a toma de decisións académicas e profesionais, proporcionando ferramentas e estratexias para acompañar aos mozos e mozas na elección do seu futuro educativo.
Esta charla forma parte do programa ENAPAS (Escola de Nais e Pais), organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Burela, co obxectivo de ofrecer ás familias información clara e útil...
leer másO IES de Foz celebrará os campionatos de baristas e de cata de cafés desde o día 19 ata o 21 de febreiro.
O mércores 19 de febreiro ás 16:00 horas disputaranse o XVII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e o XII Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería. Ás 20:15 horas será a entrega de trofeos e diplomas do campionato de Cata de Escolas e ás 20:40 horas haberá un cóctel de benvida.
O xoves 20 ás 09:00 horas continuará o Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería. Ás 12:45 horas desenvolverase a actividade Formación Carajillo 43, a cargo de D. Alfredo García-Moreno, Brand Ambassador Licor 43. Ás 13:15 horas entregarase o premio Espíritu Barista e ás 13:30 horas daranse os trofeos e diplomas do Campionato de Baristas de Escolas...
leer más








