Encontros

Etiquetas:
04/06/2020

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior,  Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentaron este xoves no Salón de Actos de San Marcos os encontrosAbrindo as portas: o rexurdir do turismo, unha nova acción da campaña EN LUGO, SI que a institución puxo en marcha para impulsar o tecido económico provincial na desescalada. 

Tomé Roca explicou que nestes encontros virtuais “reuniremos, en cinco sesións distintas, a representantes dunha vintena de asociacións de profesionais e de empresas, da sociedade civil, de entidades que traballan polo desenvolvemento do sector e de organismos oficiais con competencias neste ámbito, todos con moito peso no turismo e que, polo tanto, teñen moito que dicir e que achegar”. 

Os foros Abrindo as portas: o rexurdir do turismo...

leer más
Etiquetas:
19/01/2018

O 27 de xaneiro as localidades do Barqueiro e Bares acollerán a primeira edición dos "Encontros Mareiros" que, organizados por Nordés (Asociación de Desenvolvemento das Terras do Sor e a Faladora), terán tres actividades: unha visita guiada ao Museo do Mar do Barqueiro; un xantar mariñeiro e unha charla sobre a pesca do peixorro, o tubarón peregrino.

A nova directiva de Nordés, encabezada por Martín Caínzos (Loiba), acaba de aprobar o programa xeral de actuacións para 2018 e xa estamos á vista dos primeiros resultados efectivos. Para o último sábado de xaneiro está prevista unha xornada cun título moi suxestivo: Encontros Mareiros. A actividade comezará ás 11 da mañá coa visita guiada ao Museo do Mar do Barqueiro, creado por Daniel Béaz. A participación está aberta para as 25 primeiras persoas que realicen a inscrición (gratuíta).

... leer más