Moeda

Etiquetas:
04/04/2019

Ata as 11:30 horas deste xoves, 4 de abril, máis de 30 persoas pasaran xa pola oficina de ABanca, en Ribadeo, para conseguir as súas panchas, a moeda local que estará en curso entre o 5 de abril e o 5 de maio. Cada persoa pode canxear 30 euros por 40 panchas, que terán un valor de 40 euros, para gastar nos máis de 80 establecementos que participan na campaña de dinamización do comercio local que organiza o Concello de Ribadeo coa colaboración de Acisa e de ABanca. 

Polas oficinas desta entidade bancaria para facerse coas súas panchas pasaron tamén o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Comercio, Ana Martínez, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o xerente da asociación, Jesús Pérez.

O rexedor declarou que “é gratamente sorprendente vir, a esta primeira hora da mañá, facer os primeiros...

leer más
Etiquetas:
15/03/2019

No Concello presentouse este mediodía a moeda local, Pancha de Ribadeo. No acto participaron representantes municipais, de Acisa e de ABanca. Trátase dunha campaña que se desenvolverá do 5 de abril ao 5 de maio nos comercios adheridos á mesma. Cada cliente poderá cambiar, na oficina de ABanca en Ribadeo, 30 euros por 30 panchas para gastar no comercio local e a maiores recibirá 10 panchas máis como agasallo. O valor das 40 panchas é de 40 euros. 

No acto estiveron presentes o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez, o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, o director de zona de ABanca en A Mariña, Carlos Teijeiro, e o director da oficina de Ribadeo, Ángel Luis Macía, ademais das técnicas que encargarán de coordinar todo o dispositivo.  

Todos os...

leer más