Escola
O Concello de Xove anuncia que Escola Municipal de Música comezará as clases do novo curso o vindeiro 3 de outubro e as persoas interesadas en matricularse poderán formalizar a súa inscrición ata o 30 de setembro nas oficinas municipais.
A Escola Municipal de Música de Xove desenvolveu durante a xornada deste martes, 22 de setembro, unha actividade de divulgación musical nos centros educativos do municipio, desprazándose ata o IES Illa de Sarón e o CEIP Pedro Caselles Rollán para ofrecer unha serie de concertos didácticos dirixidos ao alumnado.
Mestres e alumnos da Escola participaron nestas actuacións, nas que interpretaron diferentes pezas musicais ao tempo que explicaban diversos recursos, elementos e formas musicais. A iniciativa “permitiu achegar a música ao alumnado dunha maneira dinámica e participativa,...
leer másO municipio de Cervo contará a partir deste curso cunha Escola de Música. Trátase de DoReFaMiFaneca Escola de Música, un proxecto impulsado pola asociación do mesmo nome recentemente constituída, que “nace coa finalidade de achegar a formación musical á veciñanza e ofrecer un espazo para aprender, crear e gozar da música”, anuncia o Concello de Cervo.
A escola instalarase no edificio municipal que anteriormente ocupaba o FOREM, en Cervo, situado fronte á Casa do Concello, un inmoble que o Concello de Cervo cede “para facer posible a posta en marcha deste novo proxecto educativo e cultural”.
O Concello de Cervo explica que na presentación da iniciativa, ante o edificio que albergará a escola, estiveron a alcaldesa, Dolores García Caramés, e Chus e Xacobe, impulsores da asociación e da escola. “Chus é profesora de...
leer másA Escola Municipal de Teatro de A Pontenova presenta a obra titulada Inquisítame Outra Vez. Será este domingo, día 14 de xuño, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de A Pontenova.
O Concello da Pontenova anuncia que é “unha nova proposta teatral que non vos deixará indiferentes. Unha cita imprescindible para gozar do talento local e dunha tarde de teatro en compañía. Agardámosvos para compartir unha xornada chea de emoción, interpretación e cultura”.
A Concellería de Igualdade do Concello de Barreiros presenta unha nova edición da Escola de Familias para o ano 2026, “un programa formativo que busca ofrecer ferramentas ás familias para abordar a educación afectivo-sexual e a prevención de violencias desde as idades máis temperás. Esta iniciativa marca un fito na xestión municipal, ao ser o primeiro goberno da historia de Barreiros en organizar espazos educativos para as familias, chegando este ano 2026 á súa quinta edición e afianzándose coma unha das múltiples actividades que se integran no programa +Igualdade Barreiros”. Haberá actividades os días 9 de maio e 13 de xuño.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, destaca que “estas actuacións responden a un compromiso firme do goberno de Barreiros coas políticas de igualdade. Desde a nosa entrada no goberno de Barreiros tivemos...
leer másPor quinto ano consecutivo o surf ten presenza nas Escolas Deportivas Municipais de Barreiros. O concelleiro de Deportes, Daniel García, reuniuse co responsable da academia local de surf LA Academia del Surf, Luís Fernández, para presentar oficialmente a Escola Municipal de Surf desta tempada 25/26, que dará comezo o vindeiro 08 de abril na praia sede da actividade, a de Coto.
O Concello de Barreiros explica que “a Escola de Surf é unha das seis que se inclúen no programa deportivo e que cada ano vai atraendo a máis crianzas do concello e doutros veciños”. Neste senso o edil de Deportes sinala que “ofertar a actividade de surf é unha maneira de apostar polo deporte e reivindicar a súa práctica dende a base, xa que nun concello coma o de Barreiros contamos con praias de riqueza incalculable para a practica deste deporte”.
... leer másA Escola Municipal de Música de Burela pon en marcha este curso unha nova materia, de produción musical, “pensada para todas as persoas que desexen achegarse por primeira vez ao mundo da creación sonora. Non se requiren coñecementos previos nin equipamento profesional, aínda que se recomenda dispoñer dun ordenador para aproveitar mellor as prácticas”, anuncia o Concello de Burela, que explica: “a materia, de carácter eminentemente práctico, permitirá ao alumnado gravar varios temas ao longo do ciclo, explorando todo o proceso creativo; dende a composición e os arranxos ata a gravación, mestura e mástering. Tamén se traballará con estacións de audio dixital (DAWs), síntese, sampling, programas de notación musical, protocolo MIDI e procesamento de sinais. O obxectivo é que cada proxecto persoal sexa motor da aprendizaxe e permita coñecer de primeira man as técnicas e...
leer másDo luns 15 ao venres 19 de setembro haberá Xornadas de Portas Abertas na Escola Municipal de Música de Burela, que está na Casa da Xuventude (Rúa da Igrexa). Serán de 17:00 a 20:00 horas.
O Concello de Burela explica que é “unha ocasión perfecta para: coñecer o centro e o profesorado, probar instrumentos, informarte sobre a oferta educativa. A Escola ofrece clases para nenas e nenos dende os 4 anos, ademais de formación para persoas adultas e agrupacións musicais. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de setembro. Non quedes sen a túa praza! Ven descubrir a música con nós e forma parte da Escola Municipal de Música de Burela!”.
As persoas interesadas poden obter máis información a través dos teléfonos 982.879.483 ou 982.580.720.
O Concello de Xove informa que do 2 ao 30 de setembro de 2025 permanecerá aberto o prazo de solicitude de matrícula para a Escola Municipal de Música de cara ao vindeiro curso 2025-26.
As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de solicitude, que poderá recollerse directamente no Rexistro do Concello ou ben descargarse da páxina web municipal www.xove.es. Unha vez cuberta, poderá entregarse no devandito Rexistro ou a través da Sede Electrónica adxuntando o impreso de solicitude cuberto.
Dado que as prazas son limitadas, dende o Concello recoméndase inscribirse canto antes.
O 6 de outubro publicarase o listado definitivo de persoas admitidas para o curso 2025-26 na Escola Municipal de Música de Xove.
O Concello de Burela informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para o curso 2025/2026 na escola de música municipal desde este luns, 1 de setembro, ata o vindeiro día 30 deste mesmo mes. As prazas, dispoñibles para todas as idades a partir de 4 anos e en diferentes instrumentos, son limitadas.
Para matricularse e para obter máis información, a veciñanza poderá chamar ao número de teléfono 982.580.720, escribir ao correo electrónico escolademusica@burela.org ou acudir á propia escola na súa ubicación, en rúa do Cancelo, 1.
O tenente de alcaldesa en Burela e concelleiro responsable da Escola, Mario Pillado, anima á veciñanza “a participar neste novo curso aprendendo un novo instrumento ou coñecendo máis sobre esa fermosa arte que é a música” e destaca que “a...
leer másMondoñedo acollerá desde este venres, día 4, ata o domingo 13 de xullo a 23ª Escola Internacional de Verán organizada pola Unión Internacional da Marioneta (Unima), Federación España e Unima Galicia. Anunciouno a Xunta de Galicia, que apoia esta iniciativa a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.
As actividades foron presentadas na Delegación Territorial de Lugo, coa participación do delegado territorial da Xunta, Javier Arias; a tenente de alcalde de Mondoñedo, Ángeles Rodríguez; e o presidente de Unima Galicia, Ton Arenas.
A Xunta de Galicia explica que “a escola vai dirixida a profesionais e afeccionados á marioneta e inclúe tres cursos a cargo de expertos que son referentes no sector a nivel internacional. Nun deles a especialista en monicreques de luva Paz Tatay...
leer más












