Escola

13/07/2021

O Concello de Cervo acaba de ser testemuña do nacemento dunha nova Escola de Atletismo, que estará integrada no Club Deportivo San Ciprián.

A iniciativa foi presentada nas pistas de atletismo do Complexo Deportivo da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente do Club Eduardo Rubal,  e pola atleta local, Olga Vicente, que capitaneará o proxecto, encargándose do adestramento tanto das crianzas como das persoas adultas que desexen sumarse; sen límite de idade.

As persoas interesadas poden informarse e anotarse no teléfono 625 16 13 97.
Desde o Concello de Cervo aplauden a iniciativa “que ben completar a oferta deportiva do municipio e que contribuirá tamén a encher de vida e a dinamizar as instalacións que temos dispoñibles no Complexo Deportivo da Veiga”;...

leer más
Etiquetas:
22/01/2021

AciaFozCCA colabora coa Escola de Música Municipal cunha achega destinada á compra de instrumentos e accesorios para o centro, que conta con 200 alumn@s e 7 docentes. 

Felipe Sánchez, director da Escola de Música Municipal de Foz, sinalou que “para a miña sorpresa e para sorpresa da Escola foi unha grata noticia que desde AciaFozCCA quixeran poñer ese grao de area e colaborar tamén cos recursos da Escola. É de estar moi agradecido. Paleo achegouse á Escola e comentoume que querían apoiar as iniciativas da Escola, que vían o potencial que tiña e que querían aportar unha pequena axuda. E, tendo en conta as necesidades que tiñamos, distribuímos esta axuda entre varias especialidades, entre violín, percusión, música e movemento e música moderna, un pouco quixemos suplir algún material que se precisara e agradecéndoo moitísimo. Entre ese...

leer más
Etiquetas:
29/09/2020

O Concello de Xove decidiu ampliar o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música. Inicialmente remataba o 30 de setembro, pero agora non se fixou data de peche co fin de que todos os nenos e nenas e rapaces e rapazas poidan anotarse facilitándolle tamén ás familias as tarefas de inscrición.

Todos os alumnos e alumnas que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal, en horario normal de oficinas. Tamén poden realizar esa preinscrición online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es.  Unha vez que o alumno ou alumna se preinscriba terá que presentar, nos tres días seguintes, no Rexistro Municipal, a seguinte documentación: o DNI do alumn@ e da persoa que realice a inscrición e o comprobante de ter feita a transferencia bancaria de 50 euros, en concepto de matrícula por...

leer más
Etiquetas:
17/09/2020

Ata o 30 de setembro estará aberta nas oficinas do Concello de Xove a  preinscrición para o Curso 2020-2021 na Escola Municipal de Música. Todos/as alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario de oficina a formalizar a súa solicitude. Tamén  poden realizar esa preinscrición  online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es. Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con todos os datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello. Esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. 

O día 1 de outubro farase público no taboleiro de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2020/21. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar  a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos...

leer más
Etiquetas:
05/09/2020

A Escola Municipal de Música de Burela, ten aberto o prazo de matrícula para novos alumnos dende o día 1 ao 30 deste mes.

O director do centro, Xan Carballal, explica que “a matrícula pódese realizar no edificio da Escola de Música (antigo parvulario), sito na Rúa do Cancelo nº 1 ,de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas. Tamén se o desexan poden facelo a través da páxina web do Concello de Burela, onde atoparán na sección dedicada á Escola de Música un impreso de matrícula e un documento onde aparecen detalladas todas a instrucións e información precisa para cumprimentalo”.

Xan Carballal engade que “coma en anos anteriores, as especialidades da escola de música son: corda fretada, guitarra, piano, vento madeira, vento metal, percusión e canto, e diversas agrupacións coma orquestra, banda, coro e grupo...

leer más
Etiquetas:
20/04/2020

A Escola de Maiores do Concello de Xove segue en activo dende os domicilios. A Educadora Familiar, Angélica Casabella, elabora material cada 10 días para cada persoa participante, que é entregado a domicilio  polo vixiante municipal. 

Entre o material entregado inclúense fichas de língua, matemáticas, atención e concentración, estimulación cognitiva e memoria

Deste xeito, a Escola de Maiores continúa coas súas actividades, co obxectivo de  mellorar a calidade de vida e o envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.

 

Etiquetas:
09/08/2019

O Cámping A Gaivota de Barreiros traballa para poñer en marcha unha escola de surf e unha surf camp para estes deportistas (aloxamentos singulares para surfistas). O propietario destas instalacións, Celso Dourado, anuncia que este proxecto verá a luz en setembro. 

Dourado explicou que “dende o Cámping A Gaivota levamos un tempo traballando na creación dunha escola de surf e paralela a ela a creación dunha surf camp, que serían unha serie de aloxamentos na súa maioría móbiles pensados única e exclusivamente para os surfistas”.

O xerente e propietario do Cámping A Gaivota, de Barreiros, dixo que “é unha idea que nos estivo a roldar durante os últimos anos, dada a enorme afluencia de surfistas que temos no noso cámping porque xusto diante del se dan as condicións idóneas para a práctica deste deporte. Son un pouquiño...

leer más
Etiquetas:
20/06/2019

Poderán participar todos os nenos e nenas empadroad@s no Concello de Burela, nad@s entre os anos 2001 e 2009 e é obrigatorio saber nadar. As fichas de inscrición entregaranse no Concello o vindeiro luns, 24 de xuño, e o martes 25 en horario de 11:00 a 13:00 horas. O 27 de xuño farase pública a lista de admitid@s para cada grupo no Concello e na súa páxina web.

O número de prazas para cada un dos catro grupos é de dez, polo que en total ofértanse 40 prazas. A adxudicación farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos.

As actividades desenvolveranse do 9 de xullo ao 30 de agosto, agás a cuarta semana de xullo e a terceira de agosto que non haberá paddle surf. Esta escola desenvolverase na praia de Portelo, ás 10:30 e 11:30 horas. O material necesario para realizar a actividade correrá a...

leer más
Etiquetas:
18/06/2019

A Escola de Música Arcadio Mon, de Foz, celebra o festival de fin de curso este sábado 22 de xuño.

Os actos terán lugar, na Sala Bahía de Foz, a partires das 18:30 horas.

Haberá actuacións de música e movemento coa Aula Coral, a Prebanda e a Orquestra de Jazz.

 

Etiquetas:
11/06/2019

A ESMU no Cole é unha iniciativa posta en marcha pola Escola de Música Arcadio Mon de Foz na que ofrecerá varios concertos en distintos centros educativos do municipio, dos días 14 ao 19 de xuño.

O venres, día 14, a ESMU actuará no Colexio Nosa Señora do Pilar. O luns 17 estará no CEIP Fondo Nois, e o martes 18 ofrecerá un concerto no CEIP O Cantel.

A ESMU rematará esta serie de actuacións o mércores 19 no CEIP nº1 e no Colexio Martínez Otero.