Ata o 17 de setembro permanecerá aberto o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música de Burela.

Dende hoxe e ata o 17 de setembro permanecerá aberto o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música de Burela.

O seu director, Xan Carballal, explica que “como en anos anteriores a escola imparte  as especialidades de canto, guitarra, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, piano, frauta, clarinete, óboe, fagot, saxofón, trompeta, trombón, trompa, bombardino... así como clases de grupo de diversas formacións coma orquestra ou banda, coro e jazz e música moderna, clases de formación musical para adultos e clases de formación musical para nenos e nenas dende os catro anos”.

Carballal subliña que “para formalizar a matrícula ou resolver calquera cuestión, a escola permanecerá aberta en horario de 10 a 14 horas nas instalacións da Rúa da Igrexa, no edificio da Casa da Xuventude. Pódese atopar tamén información no Facebook, na páxina da Escola Municipal de Música de Burela”.