Ata o 15 de xullo estará aberto o prazo de matrícula para o novo alumnado da Escola Municipal de Música de Burela.

Ata o día 15 de xullo permanecerá aberto o prazo de matrícula para novos alumnos na Escola Municipal de Música de Burela.

O director do centro, Xan Carballal, sinala que “como en anos anteriores a escola impartirá as especialidades de canto, guitarra, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, piano, frauta, clarinete, óboe, fagot, saxofón, trompeta, trombón, trompa, bombardino...,con prazas limitadas, así como clases de grupo de diversas formacións coma orquestra, banda, grupo de coro,  grupo de Jazz e música moderna, clases de formación musical para adultos e clases de formación musical para nenos dende os catro anos”.

E engade que “para formalizar a matrícula ou resolver calquera cuestión, a escola permanecerá aberta, nas datas indicadas, en horario de 10 a 14 horas nas instalacións da Rúa da Igrexa, no edificio da Casa da Xuventude. Pódese atopar tamén  información en Facebook, na páxina da Escola Municipal de Música de Burela”.