Escola
Mañá, xoves, terá lugar o Festival da Escola Municipal de Música de Burela. Será na Casa da Cultura ás 20:00 horas.
O director da Escola, Xan Carballal, explica que “coma ven sendo habitual nestes últimos anos este xoves ás oito da tarde a Escola Municipal de Música de Burela organiza un festival no auditorio da Casa da Cultura, co que se pretende unir por unas horas ao alumnado que está a cursa estudios nesta institución co seu público, sendo a entrada a este acto gratuíta”.
Carballal indicou que “nesta ocasión, e coma non podía faltar, comezará cos alumnos de menor idade cos grupos de formación básica e coro infantil para continuar coa orquestra infantil. Un segundo bloque estará dedicado á aula de canto coa onde intervirán os alumnos desta especialidade”.
E engadiu: “a parte dos...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova quenda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 23 e 26 de abril ás 20:00 horas na propia Escola agás a do martes, día 24, de música tradicional, que será no Teatro.
A entrada ás mesmas é gratuíta.
O luns será a actuación da sección de guitarra, o martes de música tradicional, o mércores de clarinete e saxofón e o xoves de vento metal.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza audicións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 19 e 23 de marzo ás 20:00 horas na propia Escola. A entrada ás mesmas é gratuíta.
O luns, 19 de marzo, a protagonista será a frauta; o mércores, día 21, haberá a audición de acordeón e corda; e o venres, 23 de marzo, será a de percusión.
O responsable da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, sinalou que “o obxectivo destas actuacións é que o alumnado toque en público, incluso aqueles que están comezando, que vaian perdendo o medo ao escenario e que amosen o traballo feito ao longo do curso”.
As audicións veñen formando parte ao longo dos últimos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo...
leer másAta o 30 de agosto todos os pequenos/as amantes do balón poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2017-18, nas categorías de Iniciación, Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.
A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.
Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en...
leer más







