A EMMeD de Ribadeo organiza unha nova quenda de audicións para dar a coñecer o traballo que realiza o centro. Serán do 23 ao 26 de abril.

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova quenda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 23 e 26 de abril ás 20:00 horas na propia Escola agás a do martes, día 24, de música tradicional, que será no Teatro.

A entrada ás mesmas é gratuíta.

O luns será a actuación da sección de guitarra, o martes de música tradicional, o mércores de clarinete e saxofón e o xoves de vento metal.