A EMMeD de Ribadeo organiza audicións para dar a coñecer o traballo que se realiza no centro. Serán do 18 ao 21 de marzo.

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza actuacións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 18 e 21 de marzo ás 20:00 horas na propia Escola. A entrada ás mesmas é gratuíta.

O luns, día 18, será a de Canto. O mércores 20 será a de Acordeón e Corda e o xoves, 21 de marzo, terá lugar a audición de Vento metal. 

O responsable da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, sinalou que “o obxectivo destas actuacións é que o alumnado toque en público, incluso aqueles que están comezando, que vaian perdendo o medo ao escenario e que amosen o traballo feito ao longo do curso”. 

As audicións veñen formando parte ao longo dos últimos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo. Proba disto é que durante o mes de abril haberá outra serie de audicións co resto de especialidades que se imparten no centro.