Alpri

Etiquetas:
19/03/2026

A Oficina de Turismo de Ribadeo acollerá do 29 de marzo ao 3 de abril unha exposición de pintura homenaxe a Álvaro Prieto Álvarez (Alpri).

Na mostra, titulada Momentos, poderanse ver arredor de 30 creacións deste pintor afeccionado ribadense falecido en maio do pasado ano 2025. Está organizada pola súa familia e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a visitala: “recomendámosvos que veñades vela, ides disfrutala moito”.

A exposición foi presentada por Begoña Sanjurjo xunto a algúns dos irmáns de Álvaro Prieto Álvarez.