Escola

Etiquetas:
16/03/2018

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza audicións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 19 e 23 de marzo ás 20:00 horas na propia Escola. A entrada ás mesmas é gratuíta.

O luns, 19 de marzo, a protagonista será a frauta; o mércores, día 21, haberá a audición de acordeón e corda; e o venres, 23 de marzo, será a de percusión. 

O responsable da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, sinalou que “o obxectivo destas actuacións é que o alumnado toque en público, incluso aqueles que están comezando, que vaian perdendo o medo ao escenario e que amosen o traballo feito ao longo do curso”.  

As audicións veñen formando parte ao longo dos últimos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo...

leer más
Etiquetas:
12/10/2017
O edil de deportes, Jose Ramón Soto, xunto con Marcos Villares, mestre de TaiJitsu e Manuel García, tesoureiro da escola, presentaron a creación da nova ‘Escuela de Artes Maciales de Cervo’ co obxectivo de diversificar un pouco máis a actividade deportiva no Concello de Cervo e así cubrir a demanda de diferentes artes marciais. 
 
Amantes das Artes Marciais afincados en Cervo, coma Miguel A. Rojo, Inma Balseiro e Marcos González xunto con compañeiros de práctica, deciden crear esta nova escola para cubrir a demanda de practicantes nas distintas artes que se ofertarán, tales coma serán o TaiJitsu, TaiChi, Defensa Persoal, Iaido, AikiJuJutsu, etc…
 
Recordar que o Concello de Cervo acolle tódos os anos o campionato de Nadal de TaiJitsu, que conta...
leer más
Etiquetas:
13/07/2017

Ata o 30 de agosto todos os pequenos/as amantes do balón poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2017-18, nas categorías de Iniciación, Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.

A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.

Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en...

leer más