Coaching

Etiquetas:
08/09/2017

O Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Xuventude, organiza un taller gratuíto de coaching que comezará neste mes de setembro e terá unha duración de 35 horas. O prazo para inscribirse está aberto e rematará o día 18.

Trátase dun taller gratuíto destinado a mozos de 16 a 29 anos de idade no que se impartirán técnicas de motivación para a busca de emprego, comunicación e habilidades.
As inscricións poden facerse de luns a venres de 9 a 14 horas na oficina do técnico de emprego e de 17 a 20 horas na biblioteca municipal. 

Esta actividade organizada polo Concello de Lourenzá está subvencionada pola Dirección Xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia.