Hóckey
Ribadeo acollerá o vindeiro domingo, 6 de marzo, un torneo de hockey liña no que se darán cita varios equipos asturianos nas categorías de benxamín, infantil e senior. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello. Está organizado polo Club de Hockey Illa Pancha de Ribadeo, que compite cos benxamíns, e conta coa colaboración do Concello ribadense.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, manifestou que “no Concello de Ribadeo estamos encantados debido a que fai uns meses se fixo unha inversión moi importante nesa pista, que tiñan toda a súa razón e nos viñan demandando para facilitar a práctica deste deporte minoritario. Estamos moi contentos de que se faga esta xornada e as próximas que van vir dentro dunhas semanas. Este é un inicio da tempada de hockey liña patíns en Ribadeo”.
O alcalde,...
leer másRibadeo acollerá a 1ª Xornada de Tecnificación da Selección Galega de Hóckey Liña, que se vai celebrar este sábado, día 15. O Club de Hóckey Isla Pancha organiza este evento coa colaboración da Concellaría de Deportes. O evento foi presentado polo edil ribadense David Rivas e polos directivos do Club Miguel Ángel Otero e Soledad García. A cita reunirá en Ribadeo entre xogadores/as e familiares, a unhas 200 persoas.
O concelleiro de Deportes manifestou que “desde o Concello estamos encantados de acoller este tipo de xornadas e de poder apoiar a estes novos deportes que están emerxendo en Ribadeo nestes últimos anos. Se a semana pasada tíñamos aquí a concentración da selección galega de rugby sub-14 e sub-16, o mes pasado tamén estivo aquí de concentración o CRAT feminino da Coruña, pois este fin de semana é a quenda do hóckey liña. Debemos...
leer más