A Escola Municipal de Música de Burela ten aberto o prazo de matrícula para novo alumnado ata o 30 de setembro.

A Escola Municipal de Música de Burela, ten aberto o prazo de matrícula para novos alumnos dende o día 1 ao 30 deste mes.

O director do centro, Xan Carballal, explica que “a matrícula pódese realizar no edificio da Escola de Música (antigo parvulario), sito na Rúa do Cancelo nº 1 ,de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas. Tamén se o desexan poden facelo a través da páxina web do Concello de Burela, onde atoparán na sección dedicada á Escola de Música un impreso de matrícula e un documento onde aparecen detalladas todas a instrucións e información precisa para cumprimentalo”.

Xan Carballal engade que “coma en anos anteriores, as especialidades da escola de música son: corda fretada, guitarra, piano, vento madeira, vento metal, percusión e canto, e diversas agrupacións coma orquestra, banda, coro e grupo de jazz entre as principais”

Ademais o director da Escola Municipal de Música de Burela destaca que o centro “cumpre as pautas sanitarias ditadas pola Consellería no referente aos centros educativos e adaptarase en todo momento as actualizacións que se fagan das mesmas co fin de garantir a seguridade de docentes e usuarios no centro e facer que deste xeito transcorra coa máxima normalidade a xornada educativa. Para calquera consulta poden utilizar o correo escolademusica@burela.org”.