Vespas

24/04/2022

Desde a asociación Vespa&Faba Clásicos de Lourenzá explican que “un año más desde la asociación As San Lucas de Mondoñedo nos invitan el domingo, día 1 de mayo, a su celebración de as festas e feiras das Quendas, que se celebran el 29 y 30 de abril y 1 de mayo. Nosotros el día 1 nos reuniremos con nuestras vespas, lambrettas y clásicas, a partir de las 10:00 en la plaza de la Catedral, para a continuación salir de ruta por los alrededores de Mondoñedo, hasta llegar al recinto de la fiesta, en donde asistiremos a la sesión vermú. Una vez finalizada iremos a comer al bar Bigotes, donde degustaremos jamón cocido,  pulpo, churrasco y postre”.

E engaden: “después tendremos unos detalles para la moto más antigua, la llegada de más lejos, la más espectacular... etc etc”. 

 

26/09/2018

A cuarta edición da Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá terá lugar do 5 ao 7 de outubro, coincidindo coa celebración da Festa da Faba. Haberá rutas polo val e polos municipios de Xove, Trabada e Riotorto, ademais de xincana, trofeos, agasallos e os asistentes gozarán da gastronomía local. O evento foi presentado en Lourenzá cun acto no que participou a alcaldesa, Rocío López.

O portavoz da organización da IV Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá, Fran Rivas, lembrou que “desde o ano 2015 empezamos a reunirnos coas vespas, as motos e os coches clásicos e este ano repetimos. A concentración é o sábado 6 e o domingo 7, pero imos empezar con actividades o venres porque hai xente que xa ven ese día, así que improvisamos unha ruta nocturna en scooters e coches clásicos. Imos ir ao concello de Xove, onde hai unha festa dos callos...

leer más
14/03/2018

O club VespaFaba & Clásicos Lourenzá organizará tres eventos este ano. As actividades, nas que colabora o Concello, foron presentadas nun acto ao que asistiu a alcaldesa, Rocío López.

Os responsables do club salientan que a rexedora municipal “apoiou a este colectivo desde que iniciou a súa andadura, no ano 2015” e explican que “está integramente dedicado á defensa, conservación e promoción do patrimonio automobilístico. Aparte de recuperar e conservar os vehículos  apaixónanos gozalos en distintos eventos, concentracións, exposicións ou rutas, en distintos puntos da Península: Galicia, Asturias, Castela e León, Madrid, Zaragoza, etcétera”.

Ademais anunciaron que organizarán “distintos eventos ao longo deste ano: o primeiro terá lugar o día 29 deste mes, Xoves Santo, e será a terceira Reunión de Amigos de...

leer más