musica. clásica
O vindeiro domingo, 16 de outubro, ás 19.00 horas a Biblioteca Pública Municipal do Valadouro acolle o acto de divulgación literaria “Estrelas no bico, na fronte un cantar”, protagonizado por Estibaliz Espinosa e acompañada ao piano por Juanma Varela. Este acto, inserido no programa da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia Ler Conta Moito consistirá nun recital de música, poesía e ciencia.
En palabras da propia Estibaliz que resume así a actividade: "Se cres que as ciencias e as letras son parte dun mesmo saber común, e que a música lévaas de perlas da man, este é un concerto de libro que anoa poesía e astronomía sen saírmos nin da Vía Láctea nin da galaxia Gütenberg nin da música das esferas."
Este evento será de acceso de balde no escenario do Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo.
Dende o 1 ata o venres 30 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2022-2023 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. Tamén poden realizar esa preinscrición online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es.
Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro.
Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.022/23. Unha vez que o alumno/a...
leer másO salón de plenos do Concello acolleu a presentación do XII Festival Internacional de Música Clásica, que terá lugar ata o 12 de agosto na localidade. A cita contará con Penderecki String Quartet, chegados desde Canadá, como artistas convidados, xunto ao pianista e fundador deste festival Leopoldo Erice e o ribadense Toni Deaño como narrador nun dos concertos.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, subliñou na súa presentación o esforzo que realiza o Concello para que este e outros eventos se leven adiante e reclamou a mesma implicación por parte doutras administracións. Na súa intervención sinalou que “en Ribadeo somos quen tanto de facer fronte tanto á música clásica como á música máis tradicional ou á tradición oral mais antiga e ás novas formas literarias que podemos coñecer ao longo do ano en diversas actividades”.
... leer más