No Valadouro terá lugar o 16 de outubro un acto de divulgación literaria. Estibaliz Espinosa e Juanma Varela protagonizarán "Estrelas no bico, na fronte un cantar".

O vindeiro domingo, 16 de outubro, ás 19.00 horas a Biblioteca Pública Municipal do Valadouro acolle o acto de divulgación literaria  “Estrelas no bico, na fronte un cantar”, protagonizado por Estibaliz Espinosa e acompañada ao piano por Juanma Varela. Este acto, inserido no programa da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia Ler Conta Moito consistirá nun recital de música, poesía e ciencia.

En palabras da propia Estibaliz que resume así a actividade: "Se cres que as ciencias e as letras son parte dun mesmo saber común, e que a música lévaas de perlas da man, este é un concerto de libro que anoa poesía e astronomía sen saírmos nin da Vía Láctea nin da galaxia Gütenberg nin da música das esferas."

Este evento será de acceso de balde no escenario do Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo.