A Escola Municipal de Música de Burela acolle unha audición de clarinete o 5 de abril.

Este martes, 5 de abril, ás 19:00 horas terá lugar nas instalacións da Escola Municipal de Música de Burela unha audición de Clarinete.

É unha actividade aberta ao público, con entrada libre e gratuíta.

O pasado mes de febreiro xa se celebraron tamén audicións de frauta e de vento metal.