Familias

Etiquetas:
11/12/2022

O vindeiro domingo, 18 de decembro, ás 16:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, terá lugar a representación "A Apalpadora" de Velaisca. A actuación forma parte da Programación de Nadal da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a quen queren agradecer a oportunidade de desfrutar deste espectáculo infantil. A entrada é libre e de balde.

Sinopse: " Dende as montañas máis profundas da nosa terra chega a Apalpadora!. A filla do lexendario Apalpador colle o testigo do seu pai e baixa nestas datas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cun cesto cheo de castañas e os seus tradicionais xoguetes de madeira contaravos como é a vida na alta montaña e as súas maravillosas lendas para transmitir valores como o respecto polo monte,  o coidado do rural e a importancia dunha alimentación sa e sostible.

... leer más
Etiquetas:
10/05/2022

O Concello de Barreiros vén de presentar o obradoiro “Escola de Familias”, un espazo no que se impartirá formación baseada na coeducación e a disciplina positiva,  para familias con crianzas de cero a doce anos. Está formación participativaencádrase no programa desenvolto pola área de Igualdade +Igualdade Barreiros e pretende dotar ás familias de ferramentas para educar en igualdade, dun xeito positivo e baseado no respecto mutuo.

“Trátase de dotar ás familias de Barreiros dun instrumento para a educación das crianzas que permita o coñecemento das distintas etapas evolutivas e do desenvolvemento cerebral e emocional, fomentando a empatía”, explica a concelleira de Educación e Igualdade, Montse Porteiro. “Deste xeito, poñemos a disposición das familias formación que cada vez conta con máis demanda, no obxectivo de formar persoas adultas...

leer más
Etiquetas:
09/02/2021

Academia A Mariña organiza cursos bonificados para empresas sobre abordaje psicológico frente al covid19.

La directora de Academia A Mariña, Becky Hermida, subraya que “es cada vez más necesario reflexionar sobre el impacto de la crisis sociosanitaria, del confinamiento y de las pérdidas asociadas al covid19 en la realidad social actual”.

Hermida señala que “seguimos ofertando, como curso estrella el de medidas preventivas frente al covid, pero empezamos a detectar la necesidad de una segunda parte, de ir más allá, y de centrarnos en cómo afrontar psicológicamente este virus/pandemia en las empresas entre sus trabajadores y trabajadoras”.

Desde Academia A Mariña Becky Hermida apuesta “por la aplicación de recursos, estrategias y técnicas de higiene/salud mental para evitar la aparición de...

leer más
Etiquetas:
13/06/2019

O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa Cervo Concilia a partir do próximo 1 de Xullo.

Este programa componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.
Cervo Concilia esténdese durante os meses de Xullo e Agosto de luns a venres, en horario de 09:00h a 14:30h. O programa, de balde, está dirixido ás familias empadroadas no Concello de Cervo.

A delegada de educación, Dolores García Caramés, sinalou que “seguimos apostando por este programa dado os grandes resultados obtidos na primeira edición, e cremos que é fundamental seguir a impulsar este tipo de políticas de conciliación laboral e familiar coas que se...

leer más
Etiquetas:
09/05/2019

O colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús recupera a Festa das Familias, con motivo da celebración do 50º aniversario do centro nas súas actuais instalacións da rúa Carlos III. O evento terá lugar na área recreativa de Santa Cruz este sábado, día 11.

Desde a dirección do colexio Sagrado Corazón anuncian que “con motivo da celebración do 50 aniversario do noso centro queremos retomar a Festa das Familias, coa que antes celebrabamos a fin do curso e que agora será unha xornada de confraternidade da comunidade educativa. Por iso convocamos o sábado 11 de maio en Santa Cruz ó redor das 14:00 horas a todas as familias e grupos (de alumnos, ex alumnos, profesores, amigos,...) que queirades acompañarnos. Lembrade levar todo o necesario, xa que en Santa Cruz non se dispón do servizo de bar na actualidade. Ás 17:00 horas todos/as pequenos/as...

leer más
Etiquetas:
14/11/2018

A Librería Bahía, de Foz, organiza varios actos con motivo da conmemoración do Día das Librerías, que se celebra este venres, 16 de novembro.

Ás 20:30 horas terá lugar unha presentación-coloquio coa escritora burelesa Antía Yáñez, que presentará a súa novela Senlleiras. Antía Yáñez gañou con esta novela o premio Illa Nova de narrativa convocado pola editorial Galaxia, para promocionar a autores novos. Trátase dunha historia que aborda os malos tratos a través da vida de dúas mulleres afastadas no tempo pero con moitas cousas en común. Antía Yáñez tamén ven de gañar o premio Fina Casalderey para literatura xuvenil de temática feminista, coa obra A Reconquista. Este encontro con Antía Yáñez está organizado en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco.

O sábado, 17 de novembro, ás 12:00 horas, tamén na...

leer más
Etiquetas:
15/03/2018

O día 21 de marzo celébrase o día da poesía. Na Librería Bahía vano celebrar este sábado, día 17, ás doce da mañá, cunha sesión de Familias que contan entorno ao libro “Poemar o mar”, de Antonio García Teijeiro. 

As encargadas desta sesión srán a libreira Cielo Fernández e a súa filla, Agua Menacho.
Antonio García Teijeiro recibiu por este libro o premio nacional de literatura infantil o ano pasado, isto quere dicir, que este premio recaeu nun libro galego, e ademais nun libro de poesía, o que da idea da calidade deste libro. 

“Achegar a poesía aos pícaros e facelo de xeito divertido e lúdico é o que pretendemos con esta nova sesión de Familias que Contan dedicada nesta ocasión á poesía”, explican desde Librería Bahía. 

 

Etiquetas:
08/11/2017

Este sábado, 11 de novembro, na Librería Bahía haberá “unha nova sesión de Familias que contan, o proxecto que levamos adiante na librería no que son as propias familias as que preparan unha historia para contar, aberta a todo o público”, explican desde este establecemento. 

O sábado ás doce da mañá a historia vai ser “O peixe de cores”

Van contar: Ana Belén Otero Montenegro coa súa filla Sofía Cordal Otero e Isabel Sánchez Corral co seu fillo Adrián Fernández Sánchez.

Ademais o 10 de novembro celébrase o día das librerías, “e este día teremos un 5% de desconto en todos os libros –desconto máximo permitido pola lei do libro- e celebraremos unha sesión do obradoiro de escritura que leva adiante na Librería Bahía o poeta Eduardo Estevez”, engaden.