Solidariedade

Etiquetas:
17/05/2019

A Tropa de Trapo continúa o vindeiro domingo en Alfoz a xira do espectáculo ‘Catro monos’, que está a levar os contos con valores a diversos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A actuación desenvolverase o 19 de maio ás 18.30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural, nas proximidades do Día de África, que se celebra o 25. A compañía mestura narración oral, música ao vivo e teatro de obxectos para facer reflexionar ao público sobre como nos relacionamos entre nós e co medio.

‘Catro monos’ é un espectáculo para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta dálle a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que fagan todo o contrario en catro historias, que nos levan a convivir coas mulleres dunha aldea, con habitantes do Sáhara, etc. Todo...

leer más
04/04/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, quere destacar “o esforzo e o traballo” dos organizadores da Toxiza Classic Xtreme, que este ano será amáis multitudinaria, e que se desenvolve esta fin de semana.  Ademais, este ano, como novidade, inclúe unha andaina solidaria,  que terá lugar o día 8, na que o fondos recadadosirán destinados á Asociación Síndrome de Fires. Para o domingo 9, quedará a carreira en si.

Elena Candia agradece á asociación que “pensasen no noso concello” para desenvolver esta importante cita deportiva que reunirá en Mondoñedo a numeros participantes e, ademais, permite dar a coñecer un contorno como o da Toxiza, que a rexedora local cualifica “de valor natural inigualable”.“Sen lugar a dúbidas, como alcaldesa, é unha satisfacción que a nosa localidade sea o epicentro desta proba que reunirá a participantes de distintos...

leer más
13/06/2017

A praza do Concello acolle estes días unha exposición conmemorativa do vinte aniversario do Fondo Galego de Cooperación. A mostra pode visitarse ata o día 25 de xuño e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, anima a achegarse á solidariedade acudindo a esta cita.

A exposición 20 Anos a Fondo coa Solidariedade estrutúrase en cinco grandes cubos de catro caras pensados para a instalación en exteriores. O ilustrador Pepe Carreiro encargouse do seu deseño, cun formato moi visual, mentres que os contidos foron ideados pola Secretaría Técnica do Fondo Galego.

O rexedor burelés invita “a toda a xente que estea en Burela estes días a que se achegue á praza do Concello a visitar a exposición que conmemora o vinte aniversario do Fondo Galego de Cooperación, a onde pertence o Concello re Burela. Consideramos que debemos ser un...

leer más
Etiquetas:
24/05/2017

Veciños e veciñas de Vilaronte organizan unha cea baile para recadar fondos destinados a unha familia desta parroquia de Foz que sufriu un incendio na súa casa hai uns meses.

O evento celebrarase o día 10 de xuño, sábado, a partir das dez da noite, no restaurante O Asador, de Barreiros. O prezo por persoa é de 25 euros, co donativo incluído, e o menú está composto por fideuá mariñeira, tenreira ou lechazo, postre, viño, café e chupito. A cea estará amenizada por Ana Cristina. As tarxetas para participar hai que retiralas no propio restaurante O Asador e o prazo remata o 5 de xuño.

Neste acto solidario colaboran o Concello de Foz, o restaurante O Asador e o supermercado Eroski, de Barreiros.

 

Etiquetas:
09/12/2016
A EMMeD de Ribadeo celebrará o seu Festival de Nadal o 17 de decembro. E un ano máis a vertente solidaria estará moi presente.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o 17 de decembro no auditorio municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal. Este ano, de novo, estará dividido en dúas sesións. Nunha primeira, ás 12:00 horas, actuará o alumnado de Música e Movemento, Predanza 1, 2 e 3, Preparatorio Danza, Ballet 1 e Moderno 1 e xa ás 18:00 horas o farán o resto de agrupacións instrumentais e grupos de Danza e Ballet da Escola.
 
No repertorio deste ano non faltarán as panxoliñas, pero tamén haberá cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público, de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, apunta Hugo García,...
leer más
02/12/2016
O 18 de decembro terá lugar a II Canastra Solidaria, que organizan o Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo. Haberá recollida de alimentos e de xoguetes.
 
A sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan unha recollida de alimentos e xoguetes na II Canastra Solidaria, evento que se celebrará o día 18 deste mes, domingo. Foi presentado cun acto no que estiveron o alcalde, Alfonso Villares; a concelleira de Cultura, Dolores García; o edil de Deportes, José Ramón Soto; monitoras da sección de baloncesto do CD San Ciprián e o equipo base deste deporte.
 
José Ramón Soto anunciou hoxe que “a sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan, por segundo ano consecutivo e despois do éxito obtido na primeira edición, un acto de recollida de alimentos e xoguetes denominado Canastra Solidaria e que se celebrará o vindeiro 18 de decembro no pavillón da Veiga, de San Ciprián. Para este acto solidario cóntase coa...
leer más
Etiquetas:
07/06/2016
Burela acollerá o 11 de xuño unha xornada solidaria a favor de Siria. Denomínase "Por un mundo sen muros" e haberá moitas actividades todo o día.
 
O vindeiro sábado, 11 de xuño, terá lugar na praza da Mariña unha xornada solidaria Por un mundo sen muros “para axudar na situación que está a vivir Siria nestes momentos”, segundo explica a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez. 
 
Ao longo do día haberá diversas actividades como manualidades infantís e confección dun mural a partir das 10:30 horas; xogos infantís, pintacaras… amenizados por Medio Quinhón ás 16:00 horas. A sesión vermú, prevista para as 12:30 horas, estará amenizada por Batuko Tabanka e Rabentola. Por esta xornada tamén pasará o Mago Senín a partir das sete da tarde. Xa ás 20 horas terá lugar unha charla coloquio Refuxiados Sirios, ofrecida polo voluntario Óscar Palleiro e a continuación música...
leer más
01/06/2016
Barreiros celebra o VI Día Solidario o 10 de xuño cunha cea baile benéfica a favor da asociación Ring 14.
 
Barreiros celebra o VI Día Solidario cunha cea-baile benéfica, que terá lugar o día 10 de xuño. 
 
A Rede de Voluntariado Local e o Departamento de Servizos Sociais do Concello organizan  este VI Día Solidario. Esta cea terá lugar o 10 de xuño no restaurante A Ribeira a partir das 21:30 horas. O prezo é de 20 euros por persoa, 10 euros no caso dos nenos e nenas ata dez anos. Para asistir é necesario anotarse antes do vindeiro luns, 6 de xuño, no Departamento de Servizos Sociais do Concello, entre as 10:00 e as 14:00 horas, no número de teléfono 982 12 40 02. Durante a cea haberá sorteo de agasallos. 
 
A doazón do recadado será entregada a asociación Ring...
leer más
Etiquetas:
22/04/2016
En Foz desenvolverase do 29 de abril ao 8 de maio a campaña "Céntimo solidario", que organiza o CCA co obxectivo de recaudar fondos para a Delegación Local da Asociación Española de Loita contra o Cancro.
 
Céntimo solidario, así se denomina a campaña que levará a cabo o Centro Comercial Aberto de Foz entre o 29 de abril e o 8 de maio para a recollida de donativos destinados á Delegación Local da Asociación Española de Loita contra o Cancro. Esta campaña solidaria foi presentada pola presidenta da asociación focense, Antonia García, e polo presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo. 
 
En total son 70 os establecementos comerciais e hostaleiros que participarán no Céntimo solidario. Paleo explica que “entre luns e martes da vindeira semana procederase a repartir as huchas que estarán instaladas neses locais entre o 29 de abril e o 8 de maio. Pensamos que a solidariedade sempre é necesaria, e si falamos de saúde aínda máis”. 
... leer más
Etiquetas:
27/12/2015
O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, representará "O caldeiro máxico" na Casa da Cultura de Foz o vindeiro 2 de xaneiro. Será a beneficio do Banco de Alimentos da localidade.
 
O vindeiro sábado, 2 de xaneiro, ás 20 horas a Casa da Cultura de Foz acolle a representación da obra O caldeiro máxico, a cargo do polo grupo teatral O Centiño, de San Martiño. Trátase dunha función benéfica coa fin de recadar alimentos para o Banco de Alimentos de Foz, organizada conxuntamente polo grupo teatral e polo Concello focense. A entrada será gratuíta, pero os asistentes poderán levar calquera tipo  alimento para contribuír ás doazóns para a xente que o necesite.
A peza teatral de O Centiño reúne no escenario bruxas, taberneiros, borrachos, enterradores, normandos e peregrinos, arredor dun caldeiro prodixioso capaz de mudar o destino e encamiñalo á felicidade.