Cea Baile solidaria o 10 de xuño para recadar fondos destinados á familia de Vilaronte (Foz) que sufriu un incendio na súa casa.

Veciños e veciñas de Vilaronte organizan unha cea baile para recadar fondos destinados a unha familia desta parroquia de Foz que sufriu un incendio na súa casa hai uns meses.

O evento celebrarase o día 10 de xuño, sábado, a partir das dez da noite, no restaurante O Asador, de Barreiros. O prezo por persoa é de 25 euros, co donativo incluído, e o menú está composto por fideuá mariñeira, tenreira ou lechazo, postre, viño, café e chupito. A cea estará amenizada por Ana Cristina. As tarxetas para participar hai que retiralas no propio restaurante O Asador e o prazo remata o 5 de xuño.

Neste acto solidario colaboran o Concello de Foz, o restaurante O Asador e o supermercado Eroski, de Barreiros.