Liga

Etiquetas:
14/03/2019
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto co Presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García, e o Delegado Provincial da Federación, Martín Carballo Méndez, presentaron este xoves a IX Liga Provincial de Piragüismo, que terá lugar en Lugo, San Cibrao (Cervo), Ribadeo, Viveiro e Foz, posto que cada regata estará organizada por un dos seis clubs participantes na Liga.
 
Esta novena edición comezará o día 1 de maio, coa regata organizada polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e rematará en Foz o 7 de setembro coa probaorganizada polo Club Kayak. En cada cita competiránmáis de 200 padexeiros de todas as categorías, desde prebenxamíns a veteráns nas modalidades individuais de Kayak e Canoa (K-1 e C-1) tanto femininas como masculinas.
 
... leer más
Etiquetas:
26/04/2018
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García, e o Delegado da Federación en Lugo, Martín Carballo Méndez,presentaron este mércores a VIII Liga Provincial de Piragüismo, que terá lugar entre os meses de maio e setembro, nos Concellos de Lugo, Ribadeo, Cervo e Viveiro.O organismo provincial achega 20.000 euros para a celebración deste campionato, co que promover o deporte base, ademais de dinamizar a economía dos Concellos da provincia nos que se celebrarán as diferentes probas.
 
No acto tamén participaron representantes dos sete clubs da provincia que participan na competición: Manolo Castiñeiras, do Club Fluvial de Lugo; Sabela Castro, do Cidade de Lugo; Nicolás Docal, do Club Kayak de Foz; Marcos Illanes, do Club de Piragüismo de...
leer más
Etiquetas:
20/01/2016
O Praias de Barreiros inicia a segunda volta da Liga Galega Norte recibindo o 23 de xaneiro ao actual líder da competición.
 
O conxunto barreirense buscará dar a sorpresa o próximo sábado, 23 de xaneiro, no Pavillón Municipal, os de Andrés López desexan converterse no primeiro conxunto que consiga derrotar ó KFM Motorsport A Coruña F.S. xa que o conxunto de Culleredo non coñece a derrota trala disputa dos primeiros 14 encontros da competición. 
O conxunto coruñés estase a converter no verdadeiro dominador da competición, líder destacado con 13 vitorias, tan só cedeu un empate, acumulando 40 puntos. O KFM Motorsport conta con xogadores con suma experiencia en categorías superiores como é o caso de Iago Socastro, Yes, Iván, Bichi ou Óscar. 
O Praias de Barreiros, pola súa banda, chega ó ecuador da Liga Gallega Norte con 20 puntos no seu casilleiro, grazas ás...
leer más
12/11/2015
Está aberta ata o 27 de decembro a inscrición na Liga de fútbol sala 3x3 da Pontenova, que organiza o Concello.
 
O prazo de inscrición na Liga de fútbol sala  3x3 de A Pontenova estará aberto ata o próximo 27 de decembro. É necesario un mínimo de 8 equipos para levar a cabo a competición.
A Liga comezará o 11 de xaneiro do ano que vén e rematará en xuño de 2016. O prezo de inscrición é de 200 euros por equipo e o máximo de xogadores por equipo será de cinco. Os tres equipos mellor clasificados recibirán cadanseu trofeo e premios en metálico: 250 euros para o 1º clasificado, 150 euros para o 2º e 50 euros para o 3º. Ademais, haberá trofeos para o máximo goleador e o mellor xogador.
Organiza a Liga o Concello de A Pontenova coa colaboración de Game Sport.