Piragüismo

13/06/2026

A ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 14 de xuño, a terceira regata da Copa Deputación de Piragüismo, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación, que anuncia: “a proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá a 137 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, de Ribadeo; o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo”.

O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, achegouse a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15:30 horas coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.

Etiquetas:
06/05/2026

O encoro de Río Cobo converterase este domingo, día 10 de maio, a partir das 10:00 horas no escenario da II Regata Provincial de Piragüismo, unha cita deportiva organizada polo Club Deportivo San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.

O evento foi presentado nas instalacións municipais pola alcaldesa, Dolores García Caramés, e polo presidente do CD San Ciprián, Eduardo Rubal, quen destacaron “a importancia desta proba dentro do calendario deportivo da comarca”.

Na competición daranse cita clubs da Mariña e tamén da provincia, concretamente o Club Cidade de Lugo, o Club Fluvial de Lugo, o CP Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o CP Urban Hotel Viveiro, ademais do club anfitrión, o CD San Ciprián.

A rexedora quixo trasladarlles o seu apoio a todos os participantes, desexándolles...

leer más
Etiquetas:
12/08/2025

A cuarta regata da Copa Deputación de piragüismo disputarase este domingo, día 17 de agosto, en Viveiro. É unha proba para embarcacións de tipo C-1 e K-1 e servirá para retomar a competición logo das probas celebradas en Portomarín, Ribadeo e Cervo, anuncia o Concello de Viveiro.

As primeiras saídas, das categorías prebenxamín e benxamín, daranse ás 10.30 horas. Despois terán lugar as competicións infantil (11.00 horas), alevín (11.30 horas) e cadete e xuvenil (12.00 horas).

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, sinalou que a regata “reforza a aposta do noso Concello polo deporte de base e pola dinamización responsable. Agradecemos o esforzo dos organizadores e convidamos á veciñanza a gozar dunha xornada de piragüismo”.

Etiquetas:
24/07/2025

O encoro de Río Cobo acollerá este domingo, día 27 de xullo, a terceira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.

Na  proba daranse cita, en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán, de Ribadeo; o Kayak de Foz; e o club de piragüismo Urban Hotel Viveiro; ademais do Club de Piragüismo Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, desexoulles moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil nas modalidades K1 e C1, e especialmente aos representantes do Club Local; e animou a todos os visitantes “a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve para...

leer más
23/07/2025

Foz acollerá este sábado, día 26 de xullo, a 63ª edición da proba de piragüismo Travesía de Foz, organizada polo club Kayak Foz. A deputada provincial Iria Castro participou na presentación da competición, que “segue sumando edicións como unha das máis veteranas do calendario estatal”, destaca a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que engade: “a proba contará este ano coa participación de máis de 150 palistas das categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano, masculina e feminina, clubs de toda Galiza, entre eles, ademais do Kayak, o Club Fluvial de Lugo, o Cidade de Lugo, o Altruán de Ribadeo e o Viveiro Urban Hotel”.

Iria Castro parabenizou ao Kayak Foz “pola organización dunha nova edición desta cita histórica que demostra a tradición dos deportes de auga na Mariña e na provincia e a tenacidade da xente do piragüismo de Foz que mantivo esta proba ao...

leer más
19/06/2025

A ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 22 de xuño, a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación.

A proba, organizada polo CP Altruán, reunirá 163 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio
Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.

O deputado de Mocidade, Daniel García, achegouse a Ribadeo para presentar este evento deportivo, que comezará as 15:30 horas coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil, que tomarán a saída á mesma hora.

Etiquetas:
18/07/2024

O Encoro de Río Cobo acollerá o domingo, 28 de xullo, a terceira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro, Alfredo Fernández, xunto ao presidente do CD San Ciprián, Eduardo Rubal, o responsable da sección de piragüismo, Iván González, e o adestrador, Joel González, presentaron a proba, no propio escenario onde se desenvolverá esta competición que arrincará ás 10:00 horas.

Na  proba daranse cita, en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Urban Hotel Viveiro; ademais do Club de Piragüismo Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.

A alcaldesa desexoulle moita...

leer más
04/07/2024

A Ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 7 de xullo,  a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. O Club de Piragüismo Altruán, de Ribadeo, é o organizador desta proba, na que se prevé a participación de 175 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-. As saídas comezarán ás 16.30 horas e faranse de forma escalonada, por categorías sendo as saída de infantís ás 16.55 horas, alevíns ás 17.45 horas e, por último, a saída das categorías xuvenil e cadete será as 18 horas.

A competición organízase no marco da colaboración que a...

leer más
Etiquetas:
13/06/2024

Foz acollerá o sábado, 15 de xuño,  a 62ª edición da proba de piragüismo Travesía de Foz, organizada polo club Kayak de Foz. O deputado de Mocidade Daniel García participou esta tarde na presentación da competición, que segue sumando edicións como unha das máis veteranas do calendario estatal. 

A proba, que puntúa para a Liga Galega, contará este ano coa participación de 216 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, masculina e feminina, de 20 clubs de Galiza, na grande maioría, pero tamén de Asturias e Madrid. O Club Ría de Betanzos, con 32 palistas e 21 embarcacións, e o Club Náutico de Cobres, con 25 palistas e 19 embarcacións son os que contarán con maior representación na competición, na que tamén tomarán parte os anfitrións, o Club Fluvial de Lugo, o Cidade de Lugo, o Altruan de Ribadeo e o Viveiro Urban Hotel....

leer más
10/05/2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha nova edición da Copa Deputación de Piragüismo, unha liga provincial de seis regatas, que se celebrarán en  Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Foz e Lugo entre maio e setembro.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o deputado de Mocidade, Daniel García, presentaron a competición en Foz, xunto a representantes do Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo e da Federación Galega de Piragüismo.

A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs de augas tranquilas da provincia a posibilidade de participar en competicións...

leer más