San Isidoro de Monte
O Concello de Xove anuncia que “continúa a amosar o seu compromiso co tecido asociativo local colaborando coas distintas comisións de festas do municipio. Un ano máis, e con moita ilusión, a Asociación Cruz de Loureiro organiza a tradicional Festa de San Isidoro de Monte 2026, que terá lugar en Penas Agudas os vindeiros días 11 e 12 de abril”.
O sábado 11 celebrarase unha misa solemne, seguida dun xantar popular que estará amenizado polo dúo Belinda e o grupo Fénix. Ao longo da tarde desenvolverase un concurso de pasodobre e bachata. Para anotarse a este xantar está aberto o prazo de inscrición ata o día 8 de abril.
O domingo 12 a xornada comezará ás 10:00 horas cunha ruta de sendeirismo aberta a todas as persoas participantes, que poderá realizarse a pé, a cabalo ou en bicicleta, tal e como sinala a organización...
leer másA parroquia de San Isidoro de Monte, no concello de Xove, celebrará a feira do San Bartolo o día 24 de agosto, sábado.
As actividades empezarán ás 10:00 horas coa recepción do gando no campo da feira. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e a partir das 13:30 horas haberá sesión vermú con animación musical, que volverá desde as 17:30 horas.
Haberá premios para o maior número de reses cabalares e para o maior número de reses vacúas. E polo tarde celebraranse concursos de marcha cabalar.




