Está aberta ata o 27 de decembro a inscrición na Liga de fútbol sala 3x3 da Pontenova, que organiza o Concello.

Está aberta ata o 27 de decembro a inscrición na Liga de fútbol sala 3x3 da Pontenova, que organiza o Concello.
 
O prazo de inscrición na Liga de fútbol sala  3x3 de A Pontenova estará aberto ata o próximo 27 de decembro. É necesario un mínimo de 8 equipos para levar a cabo a competición.
A Liga comezará o 11 de xaneiro do ano que vén e rematará en xuño de 2016. O prezo de inscrición é de 200 euros por equipo e o máximo de xogadores por equipo será de cinco. Os tres equipos mellor clasificados recibirán cadanseu trofeo e premios en metálico: 250 euros para o 1º clasificado, 150 euros para o 2º e 50 euros para o 3º. Ademais, haberá trofeos para o máximo goleador e o mellor xogador.
Organiza a Liga o Concello de A Pontenova coa colaboración de Game Sport.