O Praias de Barreiros inicia a segunda volta da Liga Galega Norte recibindo o 23 de xaneiro ao actual líder da competición.

O Praias de Barreiros inicia a segunda volta da Liga Galega Norte recibindo o 23 de xaneiro ao actual líder da competición.
 
O conxunto barreirense buscará dar a sorpresa o próximo sábado, 23 de xaneiro, no Pavillón Municipal, os de Andrés López desexan converterse no primeiro conxunto que consiga derrotar ó KFM Motorsport A Coruña F.S. xa que o conxunto de Culleredo non coñece a derrota trala disputa dos primeiros 14 encontros da competición. 
O conxunto coruñés estase a converter no verdadeiro dominador da competición, líder destacado con 13 vitorias, tan só cedeu un empate, acumulando 40 puntos. O KFM Motorsport conta con xogadores con suma experiencia en categorías superiores como é o caso de Iago Socastro, Yes, Iván, Bichi ou Óscar. 
O Praias de Barreiros, pola súa banda, chega ó ecuador da Liga Gallega Norte con 20 puntos no seu casilleiro, grazas ás 6 victorias e ós 2 empates que o sitúan na oitava posición da táboa clasificatoria. Os de Andrés López melloraron o seu rendemento a medida que foron recuperando efectivos tralas lesións que marcaron o tramo inicial da tempada e agora buscarán empezar a segunda volta con ganas de repetir as boas sensacións do primeiro encontro ante o KFM Motorsport A Coruña F.S. onde os de Culleredo se impuxeron por un axustado 3-2 tras un encontro moi igualado. A hora da revancha é o próximo sábado, 23 de xaneiro, ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Barreiros.