Dixitalización

04/03/2024

O Sindicato Labrego Galego organiza un curso sobre dixitalización na actividade agraria para os días 18, 20 e 22 de marzo en Lourenzá, cunha duración de 12 horas. Será no Multiusos Ponte de Cuñas de 16:00 a 20:00 horas.

O prazo para inscribirse remata o 14 de marzo e as persoas interesadas en máis información poden contactar a través dos teléfonos 982.121.376 e 698.159.667 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.

É unha actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).

15/02/2024

O Concello da Pontenova anuncia que está aberto o prazo para inscribirse nos Obradoiros de Dixitalización do INECO, que se desenvolverán do 19 ao 28 de febreiro na Casa da Cultura, e explica que os participantes aprenderán “a traballar coa banca dixital e compra online: bizum, declaración da renda, modos de pago; a manexarse coas diferentes plataformas de saúde pública: citas médicas, informes médicos; a conseguir/renovar o certificado dixital; entre outras cousas”.

As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono do Concello da Pontenova, que é o 982.34.22.77.

 

18/09/2021

Tras a súa presentación este luns na Coruña, a aula móbil formativa de “Enredando tour R” recalou hoxe en Cedeira e chegará o luns 20 a Viveiro para desprazarse o martes 21 e o mércores 22 a Sarria e Monforte respectivamente. É o momento das localidades lucenses, onde se instalará a aula formativa do tour para desenvolver esta actividade que procura a ‘inclusión dixital’ das persoas maiores. 
Que a fenda non deixe ninguén atrás 
A intención primeira desta acción é minorar o efecto da fenda dixital que tanto lles afecta a unha gran porcentaxe das/dos maiores e a outros colectivos vulnerables. Falamos de persoas que, por exemplo, durante o confinamento e nos momentos máis duros da pandemia, non puideron botar man das novas tecnoloxías para completar xestións esenciais como pedir unha cita médica, facer a compra ou realizar unha operación bancaria sen saír...

leer más
07/05/2021

O Concello pon en marcha Reinicia Ribadeo, o programa de transformación dixital para empresas locais, que inclúe formación gratuíta. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de maio. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “como resposta á necesidade xeral de levar a cabo a dixitalización dos negocios, acentuada polas medidas restritivas do último ano, que tiveron un gran impacto económico, o Concello de Ribadeo presenta un programa de acompañamento e apoio para a transformación dixital das empresas locais, Reinicia Ribadeo”.

O proxecto está formado por tres elementos clave para a transformación dos negocios locais: asesoramento individualizado, formación práctica e novas canles dixitais de apoio, onde se compartirá información sobre a dixitalización e se poderán consultar dúbidas ao...

leer más
27/04/2021

O GALP A Mariña-Ortegal pon en marcha un programa de formación e asesoramento en dixitalización que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño, e que vai dirixido a restaurantes, peixaría e pequeno comercio do territorio.

Consciente dos cambios nos hábitos de compra e consumo acelerados nos últimos meses a causa da pandemia, o GALP A Mariña- Ortegal quere apoiar a través da formación e asesoramento en dixitalización a comercios, hostalería e peixarías, e deste xeito ofrecerlles solucións e ferramentas dixitais útiles para os seus negocios.

A través de formato online e en dúas xornadas formativas, informarase aos participantes das diferentes ferramentas dixitais que existen no mercado e que poden ser útiles na xestión do establecemento, e amosaranse exemplos de negocios que son boa práctica na implantación de...

leer más