O Galp A Mariña-Ortegal promove un programa de dixitalización dirixido a restaurantes, peixarías e comercio, que se desenvolverá en maio e xuño.

O GALP A Mariña-Ortegal pon en marcha un programa de formación e asesoramento en dixitalización que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño, e que vai dirixido a restaurantes, peixaría e pequeno comercio do territorio.

Consciente dos cambios nos hábitos de compra e consumo acelerados nos últimos meses a causa da pandemia, o GALP A Mariña- Ortegal quere apoiar a través da formación e asesoramento en dixitalización a comercios, hostalería e peixarías, e deste xeito ofrecerlles solucións e ferramentas dixitais útiles para os seus negocios.

A través de formato online e en dúas xornadas formativas, informarase aos participantes das diferentes ferramentas dixitais que existen no mercado e que poden ser útiles na xestión do establecemento, e amosaranse exemplos de negocios que son boa práctica na implantación de solucións dixitais no seu modelo de negocio.

Haberá unha terceira xornada, tamén de forma online, dirixida a todos os participantes na que se ofrecerá información sobre cales son as liñas de subvención que existen actualmentepara a implantación de ferramentas dixitais nos establecementos

Para a formación en Ferramentas Dixitais e Exemplos de Boas Prácticas, haberá tres quendas, a de restaurantes que se celebrará o 10 de maio (9:00 a 11:00h) e 11 de maio (9:00 a 10:30h), peixarías o 18 de maio (16:00 a 18:00h) e 19 de maio (16:00 a 17:30h) e a de pequeno comercio o 24 de maio (20:00 a 22:00h) e 25 de maio (20:00 a 21:30h).

As xornadas formativas rematarán cunha única sesión sobre cales son as Liñas de axudas e subvencións para a Dixitalización, que se celebrará o 27 de maio de 20:00 a 22:00 h.

Este programa tamén contempla, unha vez rematada a formación e durante todo o mes de xuño, un asesoramento individualizado aos establecementos inscritos. Será un asesoramento en liña sobre calquera dúbida que xurda relacionada cos contidos da formación ou coas axudas/subvencións sobre as que se informou.

Para poder participar nestas xornada formativas e informativas que se desenvolverán de forma online, é necesario apuntarse a través de calquera destes medios, cuestionario onlinehttps://bit.ly/2QKz23o, chamando ao seguinte teléfono 621 251 490 ou no seguinte correo formaciondixitalizacion@gmail.com.

Esta iniciativa do GALP A Mariña- Ortegalten como obxectivo axudar a modernizar os procesos de venda do pequeno comercio, as peixarías e restaurantes do territorio A Mariña-Ortegal, así como orientalos na búsqueda de axudas para poder implantar as ferramentas dixitais idóneas para o seu establecemento.