Novela

29/09/2026

El periodista y escritor José Luis Enríquez León presenta este viernes, día 2 de octubre, en Ribadeo la novela titulada El silencio del mar de fondo (Ediciones Camelot). El acto tendrá lugar en Gráficas Santiago a las siete y media de la tarde y contará también con la presencia del profesor ribadense Roberto Rodríguez.

En esta novela agentes de la Unidad Central Operativa de la Guardia Civil investigan el asesinato de un importante empresario y de su mujer a bordo de su velero fondeado en aguas de Formentera. Así arranca una intensa novela plagada de traiciones, ambiciones, mentiras y asesinatos. El silencio del mar de fondo narra la historia de dos marinos españoles cuyos destinos discurren por caminos diferentes desde que un acontecimiento inesperado sucede a bordo de un barco mercante sueco entre Sudáfrica y los Países...

leer más
Etiquetas:
28/09/2026

A agrupación cultural Francisco Lanza anuncia que este venres, día 2 de outubro, vai visitar Ribadeo Xurxo Souto para presentar o seu último libro: A novela do bravú. “Aproveitando a súa visita imos facer un pequeno percorrido polas nosas Palabras na varanda, que desde maio inzan da cor das nosas letras galegas os balcóns de Ribadeo”, explica a agrupación Francisco Lanza, que engade: “comezaremos o paseo ás 20:00 horas na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para seguirmos pola Praza de Abaixo e despois rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, cabo da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí ás 20:30 horas daremos paso á presentación d’A novela do bravú”.

A agrupación cultural Francisco Lanza destaca: “temos moi boas lembranzas das anteriores visitas de Xurxo Souto a Ribadeo e cremos que de novo imos pasar...

leer más
Etiquetas:
14/07/2026

A Librería Bahía, de Foz, acollerá o día 22 de xullo, mércores, ás 20:30 horas a presentación da novela titulada Punto de araña, da xornalista e escritora luguesa Nerea Pallares, gañadora do Premio García Barros 2025 e do Premio Follas Novas do Libro Galego 2026 na categoría de Narrativa. O acto celebrarase dentro do ciclo Contos e conversas e contará coa presenza da autora, que conversará co público arredor da obra. A entrada é libre ata completar o aforo.

Librería Bahía explica: “editada por Galaxia, Punto de araña é unha novela mariñeira e coral ambientada en Camariñas, na Costa da Morte. Tecida coas voces de tres xeracións de mulleres -palilleiras, redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira-, entrelaza realismo social, memoria colectiva e mitoloxía para reivindicar o papel das mulleres do mar e...

leer más
Etiquetas:
21/05/2026

Este sábado, día 23 de maio, terá lugar a entrega do II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela a Luís Rei Núñez por Elas dúas. Será en Mondoñedo, no Salón de Plenos do Concello, nun acto que presidirá o alcalde, Manuel Ángel Otero Legide, onde tamén estarán presentes outras autoridades, membros da corporación, compoñentes do xurado e representantes de Galaxia, editora da novela gañadora.

Luís Rei Núñez recibirá de mans do alcalde o diploma e placa acreditativos da obtención do premio, así como tamén o primeiro exemplar publicado da obra.

O Concello de Mondoñedo lembra que este galardón lle foi outorgado por unanimidade a Luís Rei Núñez o pasado mes de decembro por un xurado composto por Ánxela Gracián, Rosalía Morlán, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, aos que se sumou como secretario con voz e...

leer más
18/04/2026

El periodista y escritor José Luis Enríquez León presentará el día 25 de abril, sábado, en Ribadeo su segunda novela, que acaba de publicar, titulada El silencio del mar de fondo. El acto será en Gráficas Santiago a las 19:00 horas el autor estará acompañado por el profesor Roberto Rodríguez. 

Ediciones Camelot anuncia que “después de la buena acogida de su primera novela, José Luis Enríquez León regresa a las librerías con El silencio del mar de fondo. En esta ocasión, los investigadores de la Unidad Central Operativa de la Guardia Civil (UCO), con el capitán Martín García y Elsa Crespo a la cabeza, se desplazan a Formentera para esclarecer el asesinato de un importante empresario y su mujer. El silencio del mar de fondo (Ediciones Camelot) invita al lector a un viaje que comienza a mediados de los años 60 a...

leer más
15/03/2026

O domingo 22 de marzo ás doce do mediodía terá lugar a presentación en Mondoñedo da cuarta novela do autor alfocés Lionel Rexes: As donas da noite. Será na Casa da Penela, na parroquia de Vilamor.

Galardoada o pasado ano co premio Balbino de Relatos, convocado por Edicións Fervenza, As donas da noite "é un texto orientado ao público xuvenil, aínda que apto para calquera tipo de lector. No seu argumento están presentes varios eixos que poñen o foco na dicotomía urbe/rural, mais, sobre todo, na incorporación ao ámbito aldeán de persoas novas e orixinarias da cidade. Do mesmo xeito, a trama incide na problemática da acollida de determinadas formas de pensamento e a comprensión da defensa de causas sociais por parte das sociedades rurais. Así, con estas premisas, desenvólvese un argumento que recrea a chegada dun grupo de...

leer más
Etiquetas:
24/02/2026

O Concello de Viveiro anuncia que “a escritora Abril Camino chega a Viveiro para presentar o seu último libro, Mulleres que viven xuntas, unha novela que fala de vínculos, convivencia e historias compartidas”. Será este venres, día 27 de febreiro, ás 19:00 horas no salón de actos da Biblioteca de Viveiro.

“Un encontro coa literatura contemporánea galega nun espazo para a reflexión e o diálogo”, explica o Concello de Viveiro.

 

17/02/2026

O escritor Manuel Esteban falará da súa novela, titulada A lei do mar, en Foz, Alfoz e Barreiros o venres 20 e o sábado 21 de febreiro.

Este venres, día 20 de febreiro, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía, de Foz, o escritor Manuel Esteban, nun coloquio no que falará sobre a súa última novela: A lei do mar. Este coloquio está organizado polo Club de Lectura  A carón dos libros e é aberto para todo aquel que queira asistir.

Ademais Manuel Esteban visitará o club de lectura de Alfoz, o mesmo venres 20 pola tarde, e o sábado 21 ás 12:00 horas estará no club de lectura de Barreiros, ámbolos dous actos organizados polos respectivos Concellos, anuncia Libraría Bahía, que explica: “a novela lévanos dos escenarios pandémicos en España ata a terrible realidade da xente que procura chegar ás costas europeas...

leer más
05/11/2025

O escritor Ulises Bértolo presenta en Ribadeo a súa nova novela, titulada Exitus: la muerte nunca es el final. Será este venres, día 7 de novembro, ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho.

Ulises Bértolo García naceu en Madrid en 1967 e actualmente reside en Santiago. É escritor, avogado e profesor. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid, é avogado en Santiago e Madrid, profesor de Dereito e académico de número da Academia Xacobea e asesor do Instituto Internacional de Criminoloxía Aplicada.

Etiquetas:
11/03/2025

A Librería Bahía, de Foz, acollerá este xoves, día 13 de marzo, ás 20:30 horas a presentación da novela A muller do muro, escrita polo xornalista Manuel F. Rodríguez e publicada pola editorial Bolanda.

Ademais do autor, intervirá no acto Xoán Ramón Fernández Pacios, historiador e cronista oficial de Foz.