Xurxo Souto

Etiquetas:
28/09/2026

A agrupación cultural Francisco Lanza anuncia que este venres, día 2 de outubro, vai visitar Ribadeo Xurxo Souto para presentar o seu último libro: A novela do bravú. “Aproveitando a súa visita imos facer un pequeno percorrido polas nosas Palabras na varanda, que desde maio inzan da cor das nosas letras galegas os balcóns de Ribadeo”, explica a agrupación Francisco Lanza, que engade: “comezaremos o paseo ás 20:00 horas na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para seguirmos pola Praza de Abaixo e despois rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, cabo da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí ás 20:30 horas daremos paso á presentación d’A novela do bravú”.

A agrupación cultural Francisco Lanza destaca: “temos moi boas lembranzas das anteriores visitas de Xurxo Souto a Ribadeo e cremos que de novo imos pasar...

leer más
12/11/2024

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que este venres, día 15 de novembro, a partir das 19: 00 horas na vila ribadense, comezando na rúa San Francisco (na esquina co Parque), haberá un recital de poesía en homenaxe á figura de Luisa Villalta. Será conducido polo artista Xurxo Souto que, da man do seu libro "Somos un pobo de artistas" (Edicións Xerais de Galicia), lembrará a figura de Luisa Villalta, poeta á que se lle dedicou este ano o Día Das Letras Galegas.

“Xa sabemos que non andamos alá polo mes de maio, longo e todo cuberto de flores. Pero podemos imaxinarnos que con cada folla que cae das árbores no mes de outono escrébese un poema que nos da azos para seguirmos adiante e facerlle fronte ao inverno. Sempre haberá un bo motivo para gozar da poesía”, explica a agrupación cultural Francisco Lanza.

... leer más