Os dous de sempre

19/04/2026

O día 24 de abril, venres, a obra teatral Os dous de sempre chega a Burela da man de Mofa e Befa, “un dos dúos máis recoñecidos do teatro galego. Unha proposta escénica que trae ao escenario a dous personaxes ben coñecidos. Se che gusta rir, e ao mesmo tempo darlle unhas voltas á cabeza, este é o teu plan”, anuncia o Concello de Burela.

Esta representación para público maior de 13 anos será ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela.

As entradas, con un prezo de 5 euros, venderanse no despacho de billetes da Casa da Cultura desde unha hora antes da función.