Colexios

Etiquetas:
28/03/2022

O Concello de Cervo organiza esta semana un obradoiro sobre a importancia da muller na historia familiar para os dous colexios de primaria do municipio.

“As mulleres que nos constrúen”, de Tarabela Creativa, é o título deste taller, que busca indagar nas historias das orixes e como as mulleres que forman parte das nosas familias aportan e lles dan valor aos nosos relatos de identidade.

Tirando dos fíos familiares entenderán a importancia de todas e cada unha das mulleres da súa familia, como seres individuais e como parte da comunidade.

O obradoiro comezou a impartirse hoxe, e estarán ata mañá martes, no CEIP de Cervo. O mércores e o xoves será a quenda para o alumnado do CEIP Península da Paz.

As actividades incluídas no taller están dirixidas a todos os cursos...

leer más
Etiquetas:
03/02/2022

Arredor de 500 alumnos e alumnas dos centros de ensino de Ribadeo acudirán a vindeira semana a varias propostas do ciclo O Concello cos Coles, que está a desenvolver o Concello de Ribadeo en diferentes áreas. Neste caso trátase de actividades de Cultura.

A edil Pilar Otero explica que “se o vindeiro domingo hai unha función para o público xeral de A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, o luns 7 de febreiro será representada esta obra baseada en relatos de Manuel Rivas diante de grupos de alumnado dos centros CIFP Porta da Auga, IES de Ribadeo e Sagrado Corazón”.

A concelleira de Cultura sinala que “por outra banda, a exposición Memoria do Son, de instrumentos medievais, recibirá visitas de varios grupos do IES de Ribadeo e do Colexio Sagrado Corazón”.

Para Pilar Otero “a primeira...

leer más