O Concello de Barreiros organiza unha xuntanza fin de curso para os dous colexios do municipio o xoves 18 de xuño

O xoves 18 de xuño o Concello de Barreiros organiza unha xuntanza de fin de curso para os dous colexios, CEIP de San Cosme e CEIP de San Miguel. Será na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante, desde as 12:00 horas.

Haberá unha actuación musical, que correrá a cargo de María Faltri co seu espectáculo Picadiscos, “unha hora de música infantil en galego para que a cativada non deixe cantar e bailar”, anuncia o Concello de Barreiros.