eclipse de sol

24/06/2026

O Concello de Viveiro anuncia que a alcaldesa, Mariña Gueimunde, presidirá o luns 29 de xuño unha xornada divulgativa sobre a eclipse total de sol que terá lugar o 12 de agosto. A actividade, impulsada pola Deputación de Lugo, celebrarase ás 19:30 horas no Multiusos e contará coa intervención de Lucía González Cuesta, doutora en Astrofísica e divulgadora científica. A entrada será libre ata que se complete o aforo.

“O Goberno municipal apostou por que Viveiro formase parte desta programación divulgativa e facilitou a celebración da sesión no municipio, ante o interese científico, social e turístico dun fenómeno que situará á provincia de Lugo entre os territorios máis destacados para a observación da eclipse”, explica o Concello, que engade: “a alcaldesa Mariña Gueimunde mantén un especial interese por esta cuestión e por que a veciñanza...

leer más
20/04/2026

Ribadeo e Lalín instalarán pantallas xigantes na praia das Catedrais e no Altar do Sol para seguir nunha observación conxunta a eclipse de sol do vindeiro 12 de agosto, que será comentada por José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

Foi o profesor Docobo o que a definiu como “a eclipse das nosas vidas” e comentou tamén que “o 28 de agosto haberá unha eclipse de lúa”. Parécelle unha moi boa idea a observación conxunta que están a organizar os Concellos de Lalín e de Ribadeo: “as nubes son caprichosas entón tendo a oportunidade de observar a eclipse desde dous sitios temos o dobre de posibilidades de poder velo. En Ribadeo rexistrarase a máxima duración en Galicia, que será de 1 minuto e 45 segundos e en Lalín será visible desde a parte leste e norte do municipio, pero hai un lugar emblemático onde será a...

leer más