Praza

Etiquetas:
02/08/2017

O Concello de Mondoñedo colabora con proxecto Sons de Gallaecia, que se presentou nas últimas horas en Lugo. Na cidade episcopal actuará a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia o 4 de agosto.

Durante a súa intervención, Elena Candia subliñou “a importancia de que Sons de Gallaecia teña a súa parada tamén na nosa cidade, sendo a localidade máis humilde das tres nas que se desenvolve este proxecto”. A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia ofrecerá concertos en Mondoñedo, Vilalba e Lugo. 

Neste eido, a alcaldesa tivo palabras de orgullo polo leitmotiv desta xira 2017, “co recoñecemento a un dos nosos mindonienses máis ilustres, Pascual Veiga” e agradeceu o acto que se celebrará o venres en honor ao insigne escritor. 

A rexedora tamén fixo fincapé en que se trata dun concerto ofrecido por nenos...

leer más
Etiquetas:
26/05/2017

O Concello de Viveiro, en colaboración coa Xunta de Galicia, prepara para este sábado, 27 de maio, un programa de actividades baixo o lema “Quere o teu mercado”, que se desenvolverán das 10 da mañá ás dúas da tarde. Haberá un taller de cociña creativa con receitas de froitas e unha xincana cos máis pequenos. DJ Karras Martínez porá a nota musical para animar o evento e o grupo de baile moderno Espazo Moderno actuará ás 12 do mediodía. 

E en Ribadeo tamén mañá, 27 de maio, ás 12:00 do mediodía na Praza de Abastos terá lugar un concerto a cargo de alumnado de piano da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. 

Esta actuación realízase co gallo do Día do Mercado e dentro da campaña “Quere o teu mercado” co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas e cidades. 

... leer más
Etiquetas:
13/07/2016
Volve o "Cine ao aire libre" a Burela. A primeira das proxeccións terá lugar o 16 de xullo ás 22:30 horas na praza da Mariña.
 
A Concellería de Cultura recupera este fin de semana o Cine ao aire libre. A primeira das proxeccións terá lugar este sábado, 16 de xullo, ás 22:30 horas na Praza da Mariña, e a elixida a película Kun-Fú Panda III.
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “el día 16 recuperamos el Cine ao aire libre, el año pasado habíamos tenido dos funciones en este formato y la verdad que con muy buena acogida por parte de la gente, además de ambientar la Plaza da Mariña, que es donde tendremos esas noches de proyección, con mucha presencia familiar sobre todo de niños, de padres y madres. La verdad es que es muy bonito ver en estas noches de verano que esperamos que el tiempo nos acompañe, a tanta gente en la calle”.
... leer más