Carlos Mariano ofrecerá un concerto o 18 de decembro na praza do Souto, en Cervo.

O Concello de Cervo programa un concerto de Carlos Mariano que se celebrará este sábado, día 18 de decembro, ás 20:30 horas na praza do Souto.

O cantante presentará Las canciones de tu vida, un repaso aos éxitos nacionais das últimas décadas.

Esta actuación inclúese no ciclo O Son do Nordeste, organizado pola área de Cultura do Concello de Cervo. Haberá un sistema de calefacción baixo a carpa do Souto.