O Mago Antón actuará en Lourenzá este xoves, 27 de agosto, dentro do programa Verán na Praza

Este xoves, día 27 de agosto, dentro do programa Verán na Praza, volve a Lourenzá o Mago Antón, que chegará coa súa xira 50, coa que celebra os seus cincuenta anos de carreira artística. Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.