CFEA Pedro Murias

12/02/2026

O CFEA Pedro Murias, de Vilaframil (Ribadeo), acollerá varios cursos en febreiro e marzo, que foron presentados nun acto que tivo lugar este xoves.

O alcalde, Dani Vega, anunciou: “seguimos colaborando con Pedro Murias e neste caso para comezar un curso de poda de froiteiras, inxertía de froiteiras e reprodución vexetativa de plantas ornamentais. Seguimos dotando de formación, neste caso non regrada a Pedro Murias, e os días 24 e 26 de febreiro e 5 de marzo, terán lugar estes cursos nos que as persoas interesadas xa poden inscribirse”. O rexedor dixo tamén: “vamos colaborar con Pedro Murias e é importante tamén que o centro acolla a formación, formación de aprendizaxe, neste caso de poda de froiteiras ou de inxertía, que tamén é moi importante, e a reprodución vexetativa das plantas. Durante estes días vai haber esa formación non regrada...

leer más
01/04/2025

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias situado en Vilaframil (Ribadeo) acollerá unha xornada sobre a produción e comercialización de fabas de calidade este venres, día 4 de abril. 

Esta actividade está organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), que anuncia: “o 4 de abril terá lugar unha xornada dedicada á produción e comercialización das fabas de calidade, de 09:30 a 14:30 horas. É a terceira destas xornadas dedicadas a dar a coñecer sectores que poden supor unha oportunidade de negocio no medio rural. É posible asistir de xeito online ou ben presencialmente nas instalacións do CFEA Pedro Murias, que está en Vilaframil (Ribadeo), pero en ambos os casos cómpre inscribirse previamente. Contaremos con relatorios de entidades produtoras e comercializadores de faba, así...

leer más