Xuntanza
A asociación Gaita Escola de Mondoñedo organiza este sábado, 9 de setembro, a “XI Xuntanza de Cantos de Taberna”.
O encontro terá lugar ás 20:00h, onde 13 grupos de diferentes puntos de Galicia cantarán e tocarán polos bares e tabernas da vila. Nesta edición propoñen iniciar a xornada cun obradoiro de iniciación ao baile tradicional que se impartirá ás 17:30h na Praza do Concello.
É unha actividade aberta a todos os públicos e de balde, onde se poñerán en práctica os principais puntos de muiñeira e xota. Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa cunha foliada aberta na Praza do Concello a partir das 00:00h onde todo o mundo ten cabida para tocar, bailar e gozar coa música tradicional.
A organización quere agradecer á hostelería mindoniense a súa participación: A Cova,...
leer másViveiro acollerá o 16 de setembro a primeira edición da Xuntanza de Coches Clásicos no parking do pavillón municipal. Estará acompañada de outras actividades complementarias como comida, sorteo e sesión vermú.
A comida ten prazas límites que deben reservarse antes do 10 de setembro nos teléfonos 650.65.20.73 ou 660.10.84.38 pagando unha cota de 30 euros os adultos, 20 euros nenos entre 5 e 15 anos e de 0 a 5 anos será gratis.
O evento dará comezo cunha recepción de coches e inscrición para a posterior ruta ás 10 horas. A ruta turística será aproximadamente ás 11.30 da mañá. Para continuar a sesión vermú ás 13.30 seguida da comida con diferentes sorteos.
A partir das 20.30 horas, poderá desfrutarse de xamón cocido e chourizos. Ademais, os concursos e xogos sucederanse durante toda a tarde...
leer másO vindeiro 18 de xuño terá lugar en Mondoñedo a novena xuntanza de clásicos.
Na concentración participarán coches clásicos, motos, camións e tractores. As inscricións poden realizarse nos seguintes números de teléfono: 629 808 751 (Albino), 636 496 439 (Asun) e 605 372 045 (Angel).
Os asistentes xantarán na Finca San Antonio. Haberá sesión vermú e servirán un menú composto por pescada á galega, solomillo de porco con champiñóns, postre, café, viños, cervexa, refrescos, auga e licores. O prezo por persoa é de 35 euros.
A 9ª Xuntanza de Clásicos está organizada pola Asociación de Clásicos Mindoniense "Miraeanda" coa colaboración do Concello de Mondoñedo.
A terceira edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Ourol e primeiro Rally do Concello de Ourol celebrarase o 2 de abril, sábado. Están organizados polo Club Clásicos Viveiro, que explica que “ambos eventos teñen as prazas limitadas. E podedes ir aos dous xa que non se solapan”.
Entre as actividades programadas hai un paseo turístico a partir das 11:00 horas, despois sesión vermú a cargo de Verónica Cambón e ás 14:00 horas terá lugar a comida, para as prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o 27 de marzo. Desde as 17:00 horas haberá xogos e competicións e rematarán as actividades cunha pancetada a partir das 20:00 horas.
O Concello de Foz mantivo unha reunión telemática con representantes dos distintos grupos e comparsas do Entroido de Foz para preparar unha celebración que será diferente a dos anos anteriores debido á pandemia de COVID-19.
O alcalde focense, Fran Cajoto, explica que “nun contexto complicado de pandemia coincidimos en que hai que manter o espírito do Entroido vivo, polo que saíron a colación na reunión distintas alternativas, como potenciar a revista do Carnaval ou promover mediante o audiovisual distintas accións. Nun ano no que as actividades multitudinarias non son posibles, é de agradecer o entusiasmo e a dedicación que lle seguen poñendo as distintas peñas, valor que debemos potenciar xa que o compañeirismo e o tecido social e asociativo que existe en Foz é unha das nosas principais sinais de identidade e un orgullo para todos os...
leer másO vindeiro 10 de marzo terá lugar no Edificio Multiusos do Concello de Ourol, a II Xuntanza de Mulleres.
A programación para ese día comezará ás 13:30 horas cunha sesión vermú, e a partires das 14:30 haberá unha comida. Despois celebrarase un baile dende as 16:00 horas.
Esta actividade é gratuíta para as mulleres empadroadas no concello e para as mulleres non empadroadas o custe é de 15 euros.
A data límite para anotarse é o día 7 de marzo, e as mulleres interesadas en participar nesta xuntanza deberán retirar a súa entrada no departamento de Servizos Sociais.