Xuntanza

24/01/2016
En abril dará comezo a VI Copa Deputación de Piragüismo, que se estenderá ata o verán. Haberá seis probas.
 
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, reuniuse no Museo do Mar, en San Cibrao, cos representantes das entidades deportivas de piragüismo da provincia así coma da Federación Galega de Piragüismo para definir as liñas mestras de colaboración de cara a anualidade 2016.
 
A Área de Deporte da Deputación colaborará un ano máis na organización a  VI Copa Provincial de Piragüismo, proba xá consolidada no calendario e que permitiu na súa última edición de 2015 que unha media de mais de 200 padexeiros con categorías que van desde benxamíns até veteráns puideran competir de forma regular durante a tempada na provincia de Lugo.
 
A VI Copa...
leer más
Etiquetas:
04/03/2015
O vicepresidente e responsable da Área de Deporte da Deputación de Lugo convoca mañá, 5 de marzo, a unha reunión en Burela a todos os clubs e asociacións deportivas da comarca da Mariña.
 
O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, convoca aos representantes de ao redor dun cento de clubs e asociacións deportivas da comarca da Mariña a unha reunión que se celebrará mañá no Salón de Conferencias (antiga biblioteca) de Burela. A mesma dará comezo ás 20:30 horas e terá como obxectivo explicar as axudas de concorrencia en materia deportiva convocadas pola Área de Deporte do organismo provincial para este ano 2015.
O vicepresidente informaraos dos prazos para presentar as solicitudes, que remata o vindeiro luns día 9, así como da xustificación do gasto, que poderán realizar ata o día 31 do presente mes. Asemade de informalos sobre estes prazos, Veiga agarda “contrastar co tecido deportiva da Mariña as necesidades que teñen...
leer más
Etiquetas:
01/03/2015
Cervo presentou o programa do XII Encontro de Palilleiras que se celebrará o 28 de marzo. Xa hai unhas 400 inscritas.
 
O 28 de marzo é a data elixida este ano para celebrar o XII Encontro de Palilleiras, tal e como anunciaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada e as profesoras de encaixe Mari Luz Méndez e Modesta Lombardero, que forman parte da organización. Un evento de exaltación da artesanía que todos os anos congrega a centos de persoas no pavillón da Veiga de San Ciprián, tanto palilleiras que se reúnen e fan encaixe a un tempo, como numeroso público interesado en ver de preto este espectáculo. 
De feito, a un mes do encontro, son xa 400 as palilleiras inscritas, e a cifra seguirá crecendo ata o día da celebración. O que si está pechado xa é o número de vendedores que exporán os seus artigos na carpa anexa ao pavillón, un total de 25, procedentes de...
leer más