O 16 de setembro terá lugar a primeira Xuntanza de Coches Clásicos de Viveiro con diferentes actividades como comida, sorteos e sesión vermú.

Viveiro acollerá o 16 de setembro a primeira edición da Xuntanza de Coches Clásicos no parking do pavillón municipal. Estará acompañada de outras actividades complementarias como comida, sorteo e sesión vermú.

A comida ten prazas límites que deben reservarse antes do 10 de setembro nos teléfonos 650.65.20.73 ou 660.10.84.38 pagando unha cota de 30 euros os adultos, 20 euros nenos entre 5 e 15 anos e de 0 a 5 anos será gratis.

O evento dará comezo cunha recepción de coches e inscrición para a posterior ruta ás 10 horas. A ruta turística será aproximadamente ás 11.30  da mañá. Para continuar a sesión vermú ás 13.30 seguida da comida con diferentes sorteos.

A partir das 20.30 horas, poderá desfrutarse de xamón cocido e chourizos. Ademais, os concursos e xogos sucederanse durante toda a tarde para toda a familia.

No evento colaboran diferentes entidades como SeiraMar Espectáculos Musicales, o taller Km0 ou o Concello de Viveiro.