O 26 de febreiro terá lugar unha xuntanza preparatoria do Ribadeo de Tapeo 2024 entre o Concello e o sector hostaleiro

O Concello convoca ao sector hostaleiro a unha xuntanza para preparar o Ribadeo de Tapeo 2024. Será o vindeiro luns, 26 de febreiro. 

A concelleira de Promoción Económica e Iniciativa Empresarial, Marta Saiz, explicou que “desde o Concello xa estamos traballando no Ribadeo de Tapeo. E o que pretendemos nesta edición é mellorar e innovar estas xornadas, pero da man do sector. Por iso o vindeiro luns, 26 de febreiro, teremos unha reunión cos hostaleiros ás 10:30 horas na Casa de El Viejo Pancho”. 

A edil ribadense anima a asistir a este encontro: “animamos  a toda a hostalería a acudir e tamén a propoñer”.