Ourol acolle a súa quinta xuntanza de coches clásicos o 9 de marzo

O sábado 9 de marzo celebrarase en Ourol a quinta edición da súa xuntanza de coches clásicos. Será na explanada do Concello da partir das 10:00 horas, cando se realizará a recepción dos vehículos. Ás 11:30 comezarán un paseo turístico e a partir das 13:00 horas haberá sesión vermú amenizada por Discomóvil Conxuro.

Ás 14:30 empezará a comida, servida por Seiramar Eventos, co seguinte menú: callos, churrasco, sobremesa, café e chupito. O prezo é de 30 euros por persoa e para participar hai que reservar a través do teléfono 711.72.88.17. O prazo remata o 5 de marzo.

Haberá sorteos e premios para o vehículo máis antigo, de máis lonxe e mellor restaurado.